Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Habilidades de loita e a súa didáctica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A5 A11 A18 A25 A27 A33 A36 B7 B10 B16 C1 O alumno entregará na data oficial do exame o traballo descrito no apartado Metodoloxía. Na súa avaliación terase en conta a calidade dos contidos, da execución, e aspectos formais na edición do video. 10
Proba mixta A4 A8 A9 A11 A18 A25 A26 A27 B2 B16 C1 Exame teórico de pregunta curta e/ou a desenvolver, sobre os contidos teórico-rácticos expostos. A puntuación é de 0 a 10, e será preciso obter o 50% para superar a proba. A realización desta proba é obrigatoria. 30
Simulación A5 A8 A9 A11 A18 A25 A26 A27 A33 B1 B2 B3 B7 B16 C1 Se avaliará o contido da sesión, a metodoloxía didáctica empregada, a calidade na exposición dos contidos e a conducción e resolución de cuestións plantexadas polo grupo. A realización é optativa, e a puntuación é de 0 a 10. 10
Práctica de actividade física A4 A5 A7 A8 A11 A25 A26 A27 B1 B2 B7 B16 Estes contidos serán avaliados mediante 5 Probas de Valoración Motriz (PVM) (realización optativa) en avaliación continua (puntuación de 0 a 10). Suporán o 40% do total (necesario superar mínimo 3 delas para poder sumar no cómputo xeral final) cada proba considerarase superada cando a puntuación sexa igual ou superior a 5 puntos.

40
Prácticas clínicas A7 A8 A11 A18 A25 A26 A33 B1 B2 B3 O/a estudante asistirá a sesións de ensino/aprendizaxe/adestramento nas que, mediante planillas de observación deseñadas para o efecto, recollerá información pertinente relativa ao desenvolvemento didáctico e metodolóxico da sesión. A sesión desenvolverase en clubs e/ou escolas onde teña lugar un proceso da natureza anteriromente descrita. O responsable da actividade asinará a Planilla de Observación dando fé da tarefa realizada.
O/a estudante deberá completar polo menos 6 planillas de observación que terán que ser entregada ao profesor da materia nalgunha das datas oficiais de examen establecidas para a primeira ou segunda oportunidade

10
 
Observacións avaliación

Será de obrigado cumprimento a asistencia a un mínimo do 70% das sesións da asignatura (60% no caso de estudantes con adicación a tempo parcial) para que o apartado de Probas de Valoración Motriz (40%), e o de Simulación (10%) podan ser sumados no cómputo xeral final. Unha vez que o 70% (60%) da asistencia sexa obtido, poderase sumar: a) O 40% da puntuación obtida nas Probas de Valoración Motriz, toda vez que 3 probas sexan superadas (5 puntos), ainda que a media final de todas as probas sexa menor de 5. b) O 10% do valor da Proba de Simulación, ainda que a puntuación sexa menor de 5 puntos.

No caso de non ter o 70% mínimo de asistencia (ou 60% nos estudantes con matrícula a tempo parcial) , e considerando as circunstancias, o/a estudnte poderá obter a porcentaxe do 40% das Probas de Valoración Motriz, no caso de dispoñer de mais dun 7 neste apartado.

Nen as Prácticas a través de TIC nen as Prácticas Clínicas precisan asistencia para a súa avaliación.

A única parte da avaliación que é obrigatoria realizar (e aprobar) para sumar un mínimo de 5 puntos necesarios para superar a asignatura é a Proba Mixta. O resto pódese obter en función das decisións e organización dos e das estudantes. A calificación final (entre 0 e 10) virá determinada pola suma dos valores que poidan ser tomados en conta, e en virtude do anteriomente exposto. A asignatura estará superada ao acadar un mínimo de 5 puntos. Cada unha das partes superadas, incluida a asistencia, será mantida en sucesivas oportunidades, e en sucesivos anos (ata novo aviso en inicio de curso, ou previo cambio do sistema de avaliación). Os casos de lesión crónica ou transitoria, así como os de estudantes con discapacidade, serán tratados e resoltos individualmente polos profesores da asignatura.

En cada oportunidade, o non concorrer á proba mixta, en caso de que esta non fose superada previamente, 
implicará a calificación do alumno como non presentado.

Non se contemplan probas de avaliación on-line pola natureza dos contidos.

Os exames da Proba Mixta (teóricos) serán entregados nas dúas linguas oficiáis da UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes