Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Metodoloxía de investigación en actividade física e deporte
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Mapa conceptual A35 B1 B3 B7 B10 B11 B12 B13 C1 C2 C6 Valorarase a capacidade do alumnado de estruturar adecuadamente os contidos da materia. A capacidade de organización e a claridade de ideas tambien serán valorados (especial atención á inclusión dos contidos do tema 5). Realizarase a man. 6
Esquemas A4 A12 A14 A18 A35 B1 B2 B3 B7 B8 B11 B12 B13 B15 B17 B19 B20 C1 C6 C7 A sumar entre o dous esquema a presentar. O valor é dun máximo de 4 puntos por esquema. A coherencia interna será un factor crave á hora da avaliación. O primeiro esquema corresponderase aos temas 1 e 2 da asingatura (un esquema por cada subtema). O segundo esquema corresponderase cos temas 3 e 4 da materia (un esquema por cada subtema). Realizaranse a man. 8
Proba mixta A3 A4 A12 A18 A19 A23 A35 B1 B2 B3 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B17 C1 C2 C6 Dúas probas mixtas ao longo do curso. A primeira (cun valor máximo de 10 puntos, constará de tres preguntas curtas, unha de completar, unha de relacionar, unha pregunta de verdadeiro/falso e un problema) realizarase ao finalizar os temas 1 e 2 da materia, e a segunda (cun valor máximo de 60 puntos e constará de dez preguntas curtas, dez preguntas test e dous problemas) Realizarase ao final do curso e incluirá os 5 temas da asingatura.

O importante á hora da valoración da primeira proba será demostrar coñecementos claros e firmes sbre os conceptos e contidos fundamentais sobre os que se evalua.

Na segunda proba valoraranse os contidos e conceptos fundamentais da materia. A capacidade de desenvolver cuestións teóricas e o ser capaz de levar á práctica o aprendido.
70
Investigación (Proxecto de investigación) A4 A12 A14 A18 A19 A23 A35 A36 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C1 C2 C3 C6 Á presentación do proxecto e/ou desenvolvemento da investigación valorarase o problema de investigación elixido, os obxectivos e/ou hipóteses propostos, a introdución realizada, a mostra e a mostraxe realizados, o deseño elgido e a descrición e análise de datos realizada, a discusión e as conclusións obtidas e a bibliografía, todo iso presentado en formato de documento científico. A valoración máxima será de 10 puntos. 10
Análise de fontes documentais A12 A35 B3 B7 B8 B9 B13 B17 B18 C1 C2 C3 C6 Realizaranse dúas análise de fontes documentais que terán un valor máximo de 3 puntos cada un. Na primeira valorarase a interpretación dos contidos dun artigo (en relación aos temas 1 e 2 da materia) e na segunda a interpretación do método utilizado na investigación realizada no documento científico (en relación aos 5 temas da materia). Os artigos deberán ser documentos indexados en JCR (Journal Citation Reports), SCOPUS ou en SPORT DISCUS. 6
 
Observacións avaliación

Aos alumnos/as que cursen esta materia por primeira vez lémbraselles a necesidade de cumprir o 70% de asistencia para poder superar a mesma (tanto das clases teóricas como das prácticas). Así mesmo infórmase que é necesario obter, como mínimo, o 50% do exame final (superando tanto o 50% da parte teórica como o 50% a práctica) e o 50% da nota dos traballos en conxunto en para estar en disposición de superar a materia. O exame final constará de tres partes, dúas teóricas que serán preguntas curtas (4 puntos) e preguntas test (2 puntos) e unha práctica que serán problemas a resolver (4 puntos).

A avaliación de a primeira e a segunda oportunidade é a mesma. Soamente os traballos, e non os exames ou probas mixtas gardaranse da primeira á segunda oportunidade dun mesmo ano académico, ou entre cursos académicos distintos (onde tamén se gardará a asistencia). Aqueles alumnos/as que non cumpran este requisito de asistencia obterán o apto na proba mixta e no conxunto de traballos cando alcancen unha cualificación igual ou superior ao 65% da máxima posible.

Un alumno considerarase non presentado cando non compareza á proba mixta final (exame) en ningunha das dúas oportunidades dun ano académico. En caso de presentarse a unha das dúas oportunidades da mesma convocatoria, o alumnado terá a súa cualificación correspondente.

A entrega dos traballos será, como prazo máximo, o día do exame á hora do exame, tanto na primeira como na segunda oportunidade.

En caso de matrícula parcial, estableceranse alternativas á asistencia de xeito individual.

O exame presentarase ao alumno/a redactado no idioma de impartición da materia (isto é, castelán). Se algún alumno/a desexa unha copia do mesmo noutro idioma oficial da UDC, deberá solicitalo ao profesor coordinador con polo menos unha semana de antelación á data de realización. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes