Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Fisioloxía do exercicio II
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Fisioloxía do exercicio II Código 620G01025
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Giraldez Garcia, Manuel Avelino
Correo electrónico
manuel.avelino.giraldez.garcia@udc.es
Profesorado
Carballeira Fernández, Eduardo
Giraldez Garcia, Manuel Avelino
Oro Claro, Luis Alberto
Correo electrónico
eduardo.carballeira@udc.es
manuel.avelino.giraldez.garcia@udc.es
a.oro@udc.es
Web
Descrición xeral A Fisioloxía do exercicio II é unha materia cuadrimestral, de 6 créditos ECTS, que pertence ao Módulo 3, Anatomía e fisioloxía (formación básica). Como o seu propio nome indica, a Fisioloxía do exercicio encárgase de estudar o comportamento dos diferentes aparellos e sistemas durante o exercicio, entendéndoo no seu sentido máis amplo, desde a actividade física máis espontánea e informal ata os máis elevados niveis de adestramento e competición deportivos. Coñecer como responde o corpo humano e como é capaz de adaptarse constitúe a base para a avaliación da condición física e para axustar os parámetros do adestramento aos obxectivos desexados. A Fisioloxía do exercicio impártese no segundo e nos terceiro cursos do Grao dividida en dúas materias, Fisioloxía do exercicio I e Fisioloxía do exercicio II. Na que nos ocupa agora, a Fisioloxía do exercicio II, de carácter máis aplicado e integrador, ocuparémonos de estudar as adaptacións estruturais e funcionais do organismo tras un proceso de adestramento. Abordaranse cuestións relacionadas coa valoración funcional que permitirán avaliar e monitorar os diferentes compoñentes da condición física relacionada coa saúde e o rendemento deportivo. Ademais, estudarase a fisioloxía en situacións ambientais especiais, os aspectos relacionados coa idade e o xénero e outros como a fatiga e as axudas ergoxénicas e o doping. O estudo da fisioloxía do exercicio é imprescindible para o alumnado de Ciencias da Actividade Física e o Deporte e outros profesionais da colectividade deportiva. Adquirir coñecementos e competencias baseados na evidencia científica permitiralles deseñar e supervisar exercicios e adestramentos afastados de xuízos apriorísticos e actuacións intuitivas.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos No se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen As que figuran na Guía docente *Metodoloxías docentes que se modifican Sesiónes maxistrais: no caso de que chegasen a impartirse de forma presencial, pasarían a ser non presenciais a través de Teams. Prácticas de laboratorio: pasarían a ser non presenciais e impartiríanse a través de Teams. En ambos os casos as sesións gravaríanse e quedarían dispoñibles de forma asíncrona, a través dunha canle específica de Stream e coas ligazóns correspondentes en Moodle. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Moodle, e-correo, chat de Teams e chat de Whatsapp. Xeralmente atenderase de forma asíncrona, en días laborables, cun tempo de resposta menor de 24 horas. Videconferencia en Teams: concertarase previa cita e tentarase atender, dependendo da demanda e a dispoñibilidade de titorías, nun tempo de 24-48 horas. 4. Modificacións na avaliación Non haberá variacións porque as características que estable a Guía docente xa son compatibles coa súa realización telemática non presencial. A única excepción podería ser o número de probas da avaliación continua porque parte dos contidos prácticos poderían integrarse nas sesións maxistrais e xa non requirirían unha atención independente. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía En caso de imposibilidade de acceso aos recursos específicos de carácter físico dispoñibles na Biblioteca da Facultade, buscaríanse alternativas en formatos dixitais que se facilitarían ao alumnado a través de Moodle ou o equipo específico de Teams.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes