Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Actividade física e deporte adaptado
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Práctica de actividade física A3 A14 A24 A33 B11 Os alumnos poderán chegar a obter un máximo de 2 puntos na súa cualificación cuantitativa a condición de que PARTICIPEN ACTIVAMENTE, como mínimo, no 70% das sesións que se impartan. 20
Proba mixta B1 B2 B17 B19 Esta proba está composta por dous apartados de preguntas:
A) Tipo test: Consistirá en 40 preguntas referentes aos contidos expostos ao longo das sesións maxistrais, tanto teóricos como prácticos. Haberá 2 opcións de resposta, sendo só una delas correcta. Por cada erro, anularase un acerto.
B) Tipo ensaio: Farase a formulación de 2 cuestións abertas que as/os alumnas/os deberán ser capaces de contestar, de maneira correcta, seguindo todos os requisitos que se expoñan no enunciado de cada unha delas.
60
Aprendizaxe colaborativa A24 B2 B3 C4 C6 C7 Os alumnos, distribuídos en grupos de tres, realizarán unha serie de tarefas segundo as indicacións dadas pola profesora nas sesións teóricas, co fin de complementar cada un dos temas impartidos en clase.
O primeiro traballo agrupará os temas 1, 2 e 3. O segundo traballo incluirá os temas 4 e 5.
A presentación destes traballos farase a través da plataforma Moodle da Universidade e o seu prazo de presentación será dunha semana desde a súa data de proposta. Aqueles que non consigan o apto, ou non fosen enviados en tempo e forma (ficheiro Word ou PDF), poderán volver presentalos na seguinte oportunidade.
20
 
Observacións avaliación
* As/Os alumnas/os que, por motivos xustificados (competición de elite, accidente, lesión, enfermidade, matrícula parcial ou requirimento xudicial), non alcancen o 70% de participación nas prácticas poderán complementalo cun traballo teórico que levarán a cabo baixo a supervisión da profesora, nun prazo non superior a unha semana despois de terminar as prácticas da materia.

* Estes mesmos criterios manteranse para a oportunidade inmediatamente posterior. Aqueles que teñan que volver matricularse, e teñan superado algún dos bloques, respectaráselles a nota que sacasen no devandito bloque durante un máximo de dous cursos consecutivos. De non ser así, terá que cumprir cos requisitos da materia na súa totalidade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes