Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Expresión corporal e danza
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Expresión corporal e danza Código 620G01028
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Bobo Arce, Marta
Correo electrónico
marta.bobo@udc.es
Profesorado
Bobo Arce, Marta
Correo electrónico
marta.bobo@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle/
Descrición xeral No Grao en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, a materia Expresión Corporal Danza atópase no Módulo denominado "Motricidade humana e rendemento deportivo". Módulo mixto que inclúe seis matrerias das cales a Expresión Corporal Danza ten carácter obrigatorio e os seis créditos asinados impártense ao longo dun cuadrimestre. O deseño curricular da asignatura Expresión Corporal e Danza é un intento de racionalización que fundamente a relación entre o contexto e a acción. Por unha banda o contexto o definen os descritores do plano de estudos do grao que para a materia inclúen: Bases da expresión corporal e da danza como manifestación da motricidade humana. Dimensións e compoñentes do movemento expresivo. Actividades corporais de expresión a través de propostas didácticas para a utilización ata a idade puberal. Fundamentos técnicos e artísticos da danza como recursos educativos. Introducción a execución, análisis e composición coreográfica na danza. Propostas educativas para o uso de diferentes formas de danza na educación física escolar.Danzas galegas tradicionais. Por outra banda, a acción ou desenrolo do proceso de aprensizaxe na asignatura relacionase coa consolidación da expresión corporal e la danza como un campo científico de coñecementos teórico-prácticos dentro da educación física. Este intento esixe un esforzo, especialmente importante, si consideramos que os conceitos da expresión e da danza aséntanse na complexidade e na diversificación dos mesmos. Entendida a expresión como unha conducta que arraigase nos sentimentos e nas emocións das persoas, como acción identifícase coa idea de exercer a expresión de forma activa, reflectindo no persoal referido ao sensitivo e emotivo. Este plantexamento esixe o compromiso nunha introspección auto-reflexiva, na que os conceitos, a práctica e a reflexión deben configurar a dinámica da aula.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non hai modificacións nos contidos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Actividades Iniciais Sesión Maxistral Portafolios do Estudante Proba mixta (computa na avaliación) *Metodoloxías docentes que se modifican Discusión dirixida pasa a Debate Virtual (computa na avaliación) Aprendizaxe Colaborativa pasa a Traballo Grupal Tutelado (computa na avaliación) Práctica de actividade física (desaparece) Proba Práctica en Grupo pasa Traballo Grupal Tutelado (computa na avaliación) Proba Práctica Individual pasa Traballo Individual Tutelado (computa na avaliación) 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Teams: semanalmente dúas sesións de tipo expositivo en grande grupo (120 estudantes), unha sesión de docencia interactiva e unha sesión de titorías atendendo a franxa horaria da materia nos horarios oficiais da Facultade. 4. Modificacións na avaliación Mantéñense as porcentaxes asinadas a cada metodoloxía pero adaptadas ás modificacións das mesmas. *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que as referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesións que houbo ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial. Alumnado con dedicación completa (Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 70%). Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das metodoloxías obxecto de avaliación. Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica: (Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 50%). Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das metodoloxías obxecto de avaliación para estes casos recollidos na guía docente. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño. Se un estudante non supera a materia, nin na primeira nin na segunda oportunidade, ningunha das metodoloxías superadas serán gardadas para o vindeiro ano académico. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes