Teaching GuideTerm
Faculty of Sport Sciences and Physical Education
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Subjects
  Business Start-up and Management
   Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Adquirir as habilidades e competencias necesarias para poñer en marcha unha pequena empresa ou a incorporación ao mercado de laboral como traballador autónomo. Coñecer de forma integrada a realidade da problemática da creación dunha empresa. Coñecer e aplica-los principios de formación básica na etapa de iniciación dun proxeto empresarial. Vivencia-lo esforzo do proceso de reflexión que supón a posta en marcha dun proxecto empresarial. Desenvolver o nivel de autonomía e competencia necesario para a creación de empresas e o autoemprego. Introducir ao alumnado na análise e interpretación da bibliografía en torno ao eido da creación de empresas. Estimula-lo interese na procura de fontes de información primarias e secundarias, así como o manexo da documentación necesaria para a elaboración do plan de empresa e a súa presentación. Analiza-lo proceso de aprendizaxe na adquisición de habilidades necesarias para o funcionamento exitoso dunha empresa. Saber definir obxetivos, meios, estratexias axeitadas para o tipo de empresa que se proxecta creare a súa contorna. Experimentar e supera-las dificultades que supón elabora-lo plan de empresa dun proxecto empresarial e adquirir a capacidade de esforzo e reflexión necesarios. Adquirir habilidades para traballar en grupo e facer exposicións públicas dos traballos realizados. Valorar socialmente a iniciativa emprendedora e recoñecemento do importante labor social. Valorar e entede-lo traballo dos compñeiros na facilitación da aprendizaxe. Integración do alumnos no traballo grupal. Saber aplica-las diferentes técnicas de observación da realidade para detectar ideas de empresa. Coñecer e saber aplica-las diferentes ferramentas de análise de mercados. Coñecer e aplica-las técnicas do análise DAFO. Coñecer-las diferntes estratexias posibels para unha pequena empresa. Saber defini-las variables da mercadotecnia e aplica-las ao caso dunha pequena empresa ou dunha empresa de servizos do eido laboral. Coñece-las diferencias entre unhas formas xurídicas e outras, en canto a responsabilidade, requisitos, funcionamento, toma de dicisións, etc. Coñece-la ficalidade á que vaise ver sometida a empresa no seu funcionamento, tanto a imposición directa como indirecta. Adquirir competencias e habilidades que permitan atopar axudas para levar a cabo o proxecto. Saber facer o plan de empresa de unah pequena ou mediana empresa. A32
A34
B3
B4
B5
B6
B19
B20
C4
C5
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes