Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física |
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte |
Asignaturas |
Actividade física saudable e calidade de vida II |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Actividade física saudable e calidade de vida II | Código | 620G01036 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | A14 A23 A27 A28 A29 B2 B7 B9 B20 C2 | Conterá tanto preguntas de ensaio como obxectivas. O carácter das preguntas poderá ter tanto carácter conceptual como aplicado. O exame presentarase ao alumnado redactado no idioma de impartición da materia (isto é castelán). Se algún alumno/-a desexa unha copia do mesmo no outro idioma oficial da UDC, deberá solicitalo ao profesor coordinador unha semana antes da data de realización |
50 |
Traballos tutelados | A7 A14 A23 A27 A28 A29 A36 B1 B7 B9 B10 B20 C2 C3 C6 | Valoraranse: - Calidade da presentación - Calidade do deseño presentado - Análise e interpretación dos resultados - Emprego de tecnoloxía e innovación |
20 |
Presentación oral | A36 B1 B2 B7 B10 C2 | Valoraranse: - Calidade da comunicación verbal - Calidade no emprego de TICs |
10 |
Solución de problemas | A23 A27 A28 A36 B2 B7 C2 C3 C6 | Consiste na realización de traballos de extensión breve que impliquen a resolución dalgunha cuestión ou da aplicación de procedementos técnicos abordados ao longo das actividades presenciais (lección maxistral, obradoiros etc.). Solicitarase un traballo por cada un dos bloques da materia. É requisito a súa entrega axustada en formato e prazo. O profesor responsable de cada bloque establecerá estes apartados. Cada traballo supoñerá ata un 25% deste apartado | 20 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia será imprescindible lograr o apto na proba mixta. O apto na proba mixta establécese nunha cualificación maior ou igual ao 50% da máxima posible. Unha vez que se cumpra este requisito, só se considerará como apto aquel alumno/-a cuxa suma dos diferentes apartados da avaliación supoña unha cualificación maior ou igual ao 50% da máxima posible. Salvo que tivese lugar un cambio no sistema de avaliación, a cualificación obtida nos seguintes apartados conservaranse en posteriores oportunidades: Proba mixta Traballo tutelado Presentación oral A cualificación do apartado de solución de problemas leva a valoración conxunta dos traballos dos 4 bloques temáticos. Cada traballo achega un 25% da cualificación final deste apartado. Só se considerarán as cualificacións correspondentes ao último curso en que se entregaron algún deses traballos. En cada curso, a entrega dun novo traballo, supón a renuncia do/da alumno-a á cualificación obtida neste apartado en cursos anteriores. Na segunda oportunidade o/a alumno/-a poderá avaliarse de todos os apartados non realizados ou superados na primeira oportunidade En cada oportunidade, non concorrer á a proba mixta implicará a cualificación do/da alumno/-a como non presentado/-a. Todo o exposto con anterioridade será de aplicación tanto para o alumnado con adicación a tempo completo como para aquel con adicación a tempo parcial. No caso da solución de problemas, o alumno/-a con matrícula a tempo parcial poderá solicitar a cada profesor algunha adaptación ou alternativa de actividade cando a realización deste apartado requira dunha asistencia a clase que o/a estudante o non poida cumprir. |
|