Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Dirección e xestión deportiva
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Dirección e xestión deportiva Código 620G01038
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Gambau i Pinasa, Vicente
Correo electrónico
vicente.gambau@udc.es
Profesorado
Gambau i Pinasa, Vicente
Correo electrónico
vicente.gambau@udc.es
Web
Descrición xeral Unha das poucas materias deste novo plan de estudos que introducen ao ámbito profesional da dirección deportiva e da xestión deportiva. Esta materia ofrece unha visión xeral da dirección e xestión no sector deportivo, traballa as competencias do procedemento de intervención profesional na dirección de servizos deportivos, e desenvolve competencias de análises e diagnose, planificación estratéxica, dirección de proxectos, e establece a importancia da responsabilidade profesional no exercicio profesional.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos - Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Actividades iniciais - Sesión maxistral - Estudo de casos: Prácticas a través de TIC - Traballos tutelados - Proba mixta - Portafolios do alumno - Atención personalizada *Metodoloxías docentes que se modifican - As sesións maxistrais pasarán a impartirse telemáticamente de forma síncrona. - O Aprendizaxe servizo pasa a traballo tutelado de elaboración dun proxecto deportivo. 3. Mecanismos de atención personalizada ao estudantado - Servizo de mensaxes Moodle UDC: De uso para facer consultas, solicitar encontros telemáticos para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. - Moodle UDC: Segundo necesidades do estudiantado. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as Discusións dirixidas. - Teams: Sesións para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. 4. Modificacións na avaliación - A avaliación da participación activa adaptarase proporcionalmente en función das sesións presenciais e non presenciais totais realizadas. No caso de que o número de sesións realizadas non alcance o 60% das sesións programadas, este apartado pasará a ser non obrigatorio e a nota correspondente será sumativa. A porcentaxe inicial da participación activa computarase ao contido escollido do apartado de Saber Estar. *Observacións de avaliación: 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo dá xeito dixitalizada en Moodle UDC.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes