Teaching GuideTerm
Faculty of Sport Sciences and Physical Education
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Prácticum
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Presentarase cada un dos pasos a seguir na realización do Practicum
Prácticas clínicas O ensino clínico pode entenderse como un proceso instrucional que ten lugar nun ambiente natural relacionado co exercicio dunha profesión, no que os estudantes observan e participan en actividades clínicas deseñadas para proporcionarlles oportunidades que supoñen a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica da mesma.
Correspóndese ca segunda fase de realización de Practicum: Observación e análisis da realidade sobre a que o alumno fará as prácticas.
Esta fase finaliza ca presentación do Plan de Prácticas
Saídas de campo Actividades desenvolvidas nun contexto externo ao contorno académico universitario (empresas, institucións, organismos, monumentos, etc.) relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información, o desenvolvemento de produtos (bosquexos, deseños, etc.), etc.
Correspóndese ca terceira fase da materia: A realización das prácticas

Dentro desta metodoloxía pódese realizar APRENDIZAXE XERVICIO (como non e algo obligado non aparece coma metodoloxía independente.
Portafolios do alumno É un documento individual, digital e/ou en papel individual ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno/a nun período de tempo. o que lle permite visualizar o seu progreso. O portafolios inclúe todo o que fai o alumno/a (actividades individuais ou grupais), como: guía da materia, apuntes ou notas de clases, documentos (normativa, reglamentos, lexislación, ...), contextualización, sintesis das reunións, observacións, ...),saidas de campo (unidades didácticas, sesións, plans de xestión,...) das sesións de aprendizaxe colaborativa e unha valoración da materia, do profesorado e das actividades realizadas.
Nun sobre pechado engadirase a avaliación do titor/a profesional e a certificación das horas realizadas.
Igualmente deberá presentar, obligatoriamente, un diario do realizado na materia dacordo as indicacións que recibirán do profesorado da mesma.
Si fora imprescindible incluiranse outra documentación dentro do apartado de Anexos.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.
Realizanse ao longo do proceso.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
O alumno deberá recoller e analizar a lexislación e reglamentación que afecta o desenvolvemento da profesión na que está a realizar as prácticas.
Todalas fontes documentais utilizadas deberán referenciarse no portafolios.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes