Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias del Deporte y la Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Traballo fin de grao
   Contidos
Temas Subtemas
Fase FORMATIVA/INFORMATIVA Constará, como mínimo, de 4 sesións ao longo do 1º cuadrimestre, nas etapas que se determinan a continuación, e cuxas datas determinaranse na Guía Docente:
- Setembro: Presentación da Guía Docente e Normativa do TFG, na que explicarán con detalle todos os apartados do mesmo. A partir desta presentación, abrirase o período de solicitude de asignación das Unidades de Competencia.
- Outubro: Presentación da distribución do alumnado na Unidade de Competencia e taller sobre búsqueda e recollida de información.
- Novembro: Primeira reunión co Profesor responsable de cada Unidade de Competencia para organizar o traballo do 2º cuadrimestre.
- Decembro: Taller sobre escritura (exercicios de parafraseo), referencias bibliográficas e normas APA/Vancouver.

Será imprescindible completar esta fase para poder realizar as seguintes
ASISTENCIA ÁS UNIDADES DE COMPETENCIA
A oferta das mesmas poderá modificarse e axustarse en cada curso académico, para poder adaptala aos intereses do alumnado.
Cada Unidade de Competencia terá un carácter presencial de seis sesións de 1,5 horas no 2º cuadrimestre (establecidas no horario oficial do curso). A asistencia será obrigatoria, polo menos, a 4 das sesións programadas.

As sesións das Unidades de Competencia serán impartidas ao longo do 2º cuadrimestre. Cada Unidade de Competencia terá entre 15 e 10 alumnas/os e un mínimo de 8 (salvo excepcións autorizadas polo Decanato).

Este carácter presencial deberá garantir a adquisición dos seguintes obxectivos:
-­ Definir e especificar o título do TFG do/da estudante.
- Comprender cada unha das partes nas que se estructura o TFG e recoñecer aquelas especificidades en relación co tema do mesmo.
- Elaborar o TFG seguindo a temporalización e organización prevista.
- Solucionar dificultades comúns aos TFG, mediante solucións compartidas.
- Ensaiar as presentacións orais (ou defensas simuladas) se a situación o require
SÍNTESE VALORATIVA Elaborar unha síntese valorativa das competencias adquiridas necesitadas (educación formal, non formal e informal) para a realización do TFG:
a. a forma e momento en que foi adquirindo as competencias do grao
b. a relación entre as competencias adquiridas e as necesidades formativas que considera ter despois deste traballo
TRABALLO DE REVISIÓN BIBLIOGRÁFICA E PROXECTO DE INTERVENCIÓN
O alumno deberá entregar o impreso de solicitude de asignación tema e de supervisor (Anexo I) na data establecida no programa (apartado de Desenvolvemento e Avaliación) e nel debe figurar o título do tema seleccionado.
O Traballo a desenvolverr integrará os seguintes apartados:
1ª Desenvolvemento dunha revisión bibliográfica comentada sobre un tema concreto que pode ou non estar relacionada co Practicum realizado.
2º.- Desenvolvemento dun proxecto de intervención que inclúa criterios de avaliación da eficacia do mesmo.

So en casos debidamente autorizados Desenvolvemento dunha investigación que debe estar relacionada co Practicum realizado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes