Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Avances no adestramento de forza e resistencia (optativa)
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Práctica de actividade física A23 A27 A28 B2 B11 C6 Participación activa en sesións prácticas de deseño e realización de entrenamento de forza e resistencia 10
Traballos tutelados A19 A27 B4 B11 Realización de traballos individuais o grupais, sobre un tema dos contidos, plantexados e supervisados polo profesor/a 30
Proba mixta A19 A23 A27 A28 Proba de avaliación de resposta breve ou longa 60
 
Observacións avaliación

Para aprobar a asignatura será necesario aprobar cada unha das metodoloxías, obtendo tamén o aprobado tanto no bloque de forza como de resistencia e asistir ao 70 % das sesiones. 

En cada oportunidade realizaranse dúas probas teóricas, unha por cada bloque de contidos (forza e resistencia). Na primeira oportunidade cada proba teórica realizarase ao remate de cada parte de contidos, sendo a segunda proba na data de exame do segundo cuatrimestre.

. Na segunda oportunidade realizaranse as dúas probas na data correspondente, sendo os criterios de avaliación os mesmos e gardándose os aprobados da primeira oportunidade nas diferentes metodoloxías.
Os criterios de avaliación para as dúas oportunidades de cada convocatoria serán os mesmos, gardándose o aprobado nas diferentes metodoloxías para a segunda oportunidade.

Gardaranse para tres convocatorias consecutivas as partes (forza ou resistencia) aprobadas.

A redacción do texto da proba escrita será en castelán, se algún alumno desexa obtela en galego deberá solicitalo cunha semana de antelación á data oficial da proba.
Aos estudantes que se lles teña concedida a matrícula a tempo parcial terán que asistir, polo menos, ao 50% das sesións. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes