Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Iniciación en deportes V (Baloncesto. ou Atletismo II. ou outra) (optativa)
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Práctica de actividade física Serán sesións nas que tanto dirixirán as profesoras como se pedirá a colaboración do alumnado para preparar pequenas tarefas de aplicación práctica.
Sesión maxistral Será participativa.
Aprendizaxe colaborativa Empregarase a aprendizaxe entre iguais como unha ferramenta fundamental.
Estudo de casos Elaboración dun itinerario deportivo personal aplicando conceptos de xénero:
- Debe seguir o índice dos conceptos que se colgará en moodle, coa numeración establecida e a denominación de cada concepto (non facer modificacións no índice)
- Extensión: 6 páxinas (3 a doble cara)
- Entrega: unha semana despois de ter rematado o bloque de contidos impartido pola profesora María José Mosquera
Proba de discriminación Exame no que o alumnado demostrará que asimilou conceptos básicos e fundamentais da materia. Será unha proba "verdadeiro-falso".
Traballos tutelados O alumnado, por grupos, será titorizado polas profesoras entre os seguintes temas:
-Proxecto coeducación ámbito escolar.
-Proxecto coeducación ámbito extraescolar.
-Proxecto novas masculinidades/feminidades.
- Actividade Física en relación coa maternidade: embarazo.
- Actividade Física en relación coa maternidade: posparto.
- Actividade Física e climaterio.
- Actividade física e patoloxías (cancro, fibromialxia...).
- Actividade física e suelo pélvico en deportistas.
- Actividade física e mulleres en risco de exclusión social.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes