Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Iniciación en deportes II (Natación) (optativa)
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A5 A33 B1 B2 B9 Exame final teórico de toda a materia impartida, no cal se incluirán os contidos tratados nas prácticas; o tipo de exame será de exposición escrita (preguntas de desenvolvemento temático e preguntas de respostas breves) e/ou cuestións obxectivas. 20
Portafolios do alumno B7 B9 B20 C1 C2 C3 C6 C7 Exponse a posibilidade dun seguimento periódico do desenvolvemento do portafolios, recibindo unha puntuación en cada control.
Os elementos que integren o portafolios serán concretados ao comezo do curso.
20
Estudo de casos A18 A19 A25 B2 B7 Rexistros en vídeo de técnicas de nado:
- Análise cualitativo
- Análise cinemático
- Xustificación da execución en base aos datos observados e calculados
- Planificación da estratexia de mellora
Repetición do procedemento de análise tras un segundo rexistro, de ser posible.
30
Proba práctica A25 Exame final de execución sobre 2 ou 3 dos contidos desenvoltos nas prácticas.
Os contidos de avaliación serán expostos de forma colectiva polo alumnado na primeira quincena do curso.
Os criterios de puntuación serán establecidos de forma colectiva polo alumnado.
A puntuación será determinada polos compañeiros do executante de forma xustificada.
10
Prácticas a través de TIC A5 B4 B9 Durante o curso presentarase a través de Tics (Moodle, Kahoot, Symbaloo) unha serie de controis para motivar á lectura dos documentos facilitados, así como para motivar o estudo e a resolución de dúbidas. 20
 
Observacións avaliación

O alumnado poderá elixir entre un sistema de avaliación continua ou de avaliación final.

  1. Avaliación continua: Requisitos indispensables para este sistema de avaliación son, pola seguinte orde:
    • Asistencia polo menos ao 80% das sesións presenciais para todo o alumnado matriculado na materia por primeira vez ou no caso de segunda matrícula ou posterior se non se completou con anterioridade a porcentaxe indicada. 
      • No caso de que  se presenten razóns xustificadas documentalmente que lle impidan a asistencia ao 80% das clases deberá realizar un exame sobre cuestións e procedementos metodolóxicos do ensino-perfeccionamento da natación, expostas durante o desenvolvemento da materia, en situación simulada na propia piscina.
    • Que o resultado do examen teórico sexa igual o superior a 5.00. 
    • Que realice o exame práctico.
    • Que a media ponderada resultado dos distintos elementos de avaliación sexa igual ou superior a 5.00.
    • Segundo o exposto, a nota final obterase como resultado da media ponderada das cinco metodoloxías expostas na avaliación.
  2. Avaliación final: 
    • Optará a ela, o alumnado que non cumpra uns ou varios dos seguintes requisitos: 
      • asistencia superior ao 60% e inferior ao 80% das sesións presenciais
      • elaborar o portafolio
      • realizar as prácticas a través de TIC
      • realizar o traballo de estudio de casos
    • Para aprobar a materia hase realizar a proba mixta e a proba práctica: 
      • Proba mixta: obter 7.5 sobre 10 puntos. 
      • Proba práctica: obter 7.5 sobre 10 puntos. 
      • Asistencia superior ao 60% das clases presenciais.
    • Se manterá o % correspondente ás metodoloxías suxeitas a avaliación.
    • O % das metodoloxías non presentadas a avaliación pasarán ao % do exame teórico.
    • Que a media ponderada resultado dos distintos elementos de avaliación sexa igual ou superior a 5.00.
    • Segundo o exposto, a nota final obterase como resultado da media ponderada das metodoloxías suxeitas a avaliación.
  3.  Criterios de actuación con quen se atope lesionado para a avaliación da práctica da actividade física:
    • Os alumnos lesionados poderán solicitar a adaptación das tarefas motrices a realizar nas probas de avaliación. 
    • No caso de que a lesión non permita a avaliación práctica, esta realizarase nunha oportunidade posterior da mesma ou outra convocatoria.. 
  4.  Observacións con respecto ás convocatorias de exame e ás puntuacións das preguntas de exame: 
    • Cada convocatoria consta de dúas oportunidades (xuño e xullo). Cando nunha mesma convocatoria téñase unha cualificación de "non presentado" nunha oportunidade e "suspenso" na outra, no seu expediente constará na convocatoria como "suspenso".  
    • Na folla de exame, a puntuación de cada pregunta farase explícita no caso de que as preguntas teñan un valor diferente.
    • Mantemento de notas na segunda oportunidade da convocatoria: manteranse as cualificacións obtidas en calquera dos apartados de avaliación continua logrados na primeira oportunidade de cada convocatoria se o alumnado así o desexa.
    • Mantemento de notas en convocatorias posteriores: 
      • Manteranse as cualificacións obtidas en calquera dos apartados de avaliación continua logrados en convocatorias anteriores, exceptuando o caso dun posible cambio do docente que imparta a materia; aínda que, dita cualificación poderá supoñer unha porcentaxe da nota global diferente.
      • Os criterios para as convocatorias extraordinarias serán os mesmos aos xa establecidos.
  5. Consideración en casos de matrícula parcial:  
    • Atenderase ao establecido segundo o sistema de avaliación continua ou de avaliación final.
  6. Idioma do exame: o exame estará redactado no idioma de impartición da materia; se alguén desexase unha copia do exame no outro idioma oficial da UDC deberá solicitalo ao profesorado, como mínimo, un mes antes da data da súa realización.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes