Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Iniciación en deportes II (Natación) (optativa)
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Pedagoxía da actividade física e do deporte/620G01001
Anatomía e cinesioloxía do movemento humano/620G01002
Habilidades acuáticas e a súa didáctica/620G01007
Aprendizaxe e control motor/620G01012
Fisioloxía do exercicio I/620G01013
Biomecánica do movemento humano/620G01014

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Fisioloxía do exercicio II/620G01025
Proceso de ensino/aprendizaxe da actividade física e do deporte/620G01022
Actividade física saudable e calidade de vida I/620G01023

Materias que continúan o temario
Metodoloxía do rendemento deportivo/620G01024
Tecnoloxía en actividade física e deporte/620G01034
Teoría e práctica do adestramento deportivo/620G01037
Actividades acuáticas saudables e socorrismo (optativa)/620G01042

Observacións
  • Dado o carácter teórico-práctico da materia, diversas metodoloxías expostas están encamiñadas a favorecer que o alumnado adquira aprendizaxes que lle resulten de maior dificultade; deste xeito o traballo sobre as prácticas motrices poderá ser de gran interese para familiarizarse coa observación das habilidades específicas da natación e expor de tarefas que faciliten a consecución dun determinado obxectivo; aínda que dada a posibilidade grupal do traballo, á súa vez poderá resultar proveitoso para quen careza dunha elevada competencia motriz en natación.
  • Por outra banda, a posibilidade de realizar algunha saída de campo dirixido á observación e análise das actividades realizadas nun club que traballe a disciplina da natación, permitirá familiarizarse coa contorna, observar e analizar o traballo desenvolvido nas mesmas e poñer en práctica, en situación real, algúns coñecementos e experiencias adquiridos na materia.

  • Coa finalidade de mellorar o sistema de garantía interna de calidade do noso centro, sería convinte que o alumnado atendese á solicitude realizada pola UDC, con periodicidade cuadrimestral, respecto a participar no proceso de avaliación das materias cursadas e cuxa chamada realiza baixo o nome de “AVALÍA” consistindo en responder as enquisas que avalían a docencia do profesorado en cada materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes