Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Iniciación en deportes IV (Balonmán) (optativa)
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Iniciación en deportes IV (Balonmán) (optativa) Código 620G01315
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Fernandez Romero, Juan Jose
Correo electrónico
juan.jose.fernandez@udc.es
Profesorado
Fernandez Romero, Juan Jose
Correo electrónico
juan.jose.fernandez@udc.es
Web
Descrición xeral O contexto dos contidos desta materia baséanse nas competencias establecidas para o módulo Fundamentos en Deportes, no que se integra esta materia; e que nos indica que ésta desenvólvese básicamente sobre o estudo das habilidades deportivas específicas, compostas e complexas, como conductas psico e sociomotoras, e os seus contidos como recursos didácticos en Educación Física e na Iniciación Específica Deportiva. Promovendo o coñecemento dos fundamentos técnico-tácticos. Como iniciación específica deportiva enténdese o momento e período no que unha persoa comenza a aprender unha habilidade específica ou un deporte en concreto. A ensinanza do balonmán fundaméntase pola riqueza sociomotriz desta modalidade deportiva, a promover na etapa de iniciación deportiva dos xóvenes; tal como habilidades e comportamentos de xogo, cheos de elementos de gran riqueza coordinativa, e tamén de socialización motriz; ademáis do arraigo histórico vixente permanentemente nos planos de estudos de Educación Física e Deportes, xa desde a creación dos primeiros centros de formación de profesores de Educaciónn Física. O Balonmán está arraigado na sociedade actual como un deporte que promove os valores socio-deportivos en todas as súas facetas, e que, surdiendo do xogo, evoluciona e institucionalizase en deporte (concepción actual), sin perder a finalidade de xogo en sí mismo, como elemento educativo e gratificante de por sí. Por tal motivo, é unha actividade necesaria nos principios e valores educativos e formativos da Educación Física e na práctica deportiva cotidiana. Analizando as características do Balonmán tanto polo tipo de habilidades motrices que o definen (modelos técnicos de execución), fundamentadas en correr, lanzar, saltar, como pola riqueza dos factores perceptivos que se vivencian na comunicación motriz do xogo (táctica), e polas cualidades físicas que desenvolve; fan que este deporte colectivo sexa unha actividade a programar no ámbito educativo, recreativo e competitivo. Actualmente, fálase dunha didáctica dos deportes colectivos en canto os elementos comúns que os definen e relacionan; pero ademáis, cada materia debido a singularidade dos seus contidos, ten necesidade de planteamentos de ensinanza propios e diferenciados. Por eso, falamos dunha Didáctica do Balonmán, que, acorde cos descriptores do plano de estudos, se desenvolve seguindo un programa axustado os seus contidos específicos; plantexados dunha forma teórico-práctica; con unha metodoloxía de ensinanza para a iniciación específica o Balonmán.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizaron cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Actividades iniciáis - Sesión maxistral - Análise de fontes documentáis (Traballo1: individual, computa na avaliación, 20%) - Aprendizaxe colaborativa (Traballo 2: parellas-grupo a criterio do profesor, computa na avaliación, 20%) - Resumo (computa na evaliación, 10%) *Metodoloxías docentes que se modifican Práctica de actividade física ( elimínase, e non se sustituye) Proba mixta (modifícase no caso de suspensión da docencia presencial. Esta proba sería sustituida por 2 tarefas de avaliación continua. (Tarefa 1, individual, valor 20% / Tarefa 2, individual, valor 30% ) Saídas de campo (elimínase) 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: Diariamente. De uso para fazer consultas, solicitar encontros virtuáis, para resolver dudas e fazer seguimento dos traballos tutelados. - Moodle: A criterio de utilización dos profesores, e según as necesidades do alumnado. - Teams: 2 sesións semanáis por grupo para avanzar nos contidos teóricos, e na franxa horaria asignada para a materia no calendario de aulas da facultade. Tamén, a proposta do profesor, faránse algunhas sesións (1 semanal) de tutorización grupal para orientar os trabajos e tarefas da materia. Esta dinámica permite fazer un seguimento normalizado e axustado as necesidades de aprendizaxe do alumnado para desarrollar o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación • A proba mixta (preguntas e deseño de sesión) computará o 30% da nota final do estudante, e será lavada a cabo mediante Moodle, habilitándose un só intento por estudante a ser levado a cabo o día do exame, segundo o calendario aprobado en Xunta de Facultade. • O traballo tutelado computará o 30% da nota final do estudante • O portafolios computará o 40% da nota final do estudante. Tanto no suposto de que un estudante acadase Apto na derradeira proba de dominio técnico-táctico do curso (de terse levado a cabo alo menos unha) ou no caso de non terse realizado ningunha, considerarase aprobada a materia con acadar 5 puntos sobre 10 na suma das actividades de avaliación de Traballo tutelado, exame, e portafolios. *Observacións de avaliación: Se un estudante non supera a materia por non ter acadado o aprobado (da primeira oportunidade), poderá na segunda oportunidade presentar cantas metodoloxías no tiveran acadado o 50% da súa puntuación máxima, da primeira oportunidade. Se una estudante non acada o apto na proba de dominio técnico-táctico na primeira oportunidade, terá que facela na segunda oportunidade (as súas características adaptaranse á situacións de posible confinamento). Se un estudante non supera a materia, nin na primeira nin na segunda oportunidade, ningunha das metodoloxías superadas serán gardadas para o vindeiro ano académico. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Nin a bibliografía nin a webgrafía serán modificados.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes