Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Iniciación en deportes IV (Balonmán) (optativa)
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A4 A5 A26 B2 B3 Proba escrita: O seu obxetivo e avaliar os coñecementos adquiridos polo alumnado. Esta proba poderá constar de preguntas tipo test ou cortas ou temas a desenvolver. 40
Traballos tutelados A18 A23 B11 B16 C1 O alumnado poderá sustituir na avaliación os traballos tutelados pola participación voluntaria en actividades complementarias da asignatura, tal como: Seminarios da materia, congresos, etc). O criterio de implicación voluntaria do alumnado, obedece o principio de fomentar a participación formativa en actividades organizadas pola asignatura, as cales xerán un ambiente de aprendizaxe muy positivo. 30
Práctica de actividade física A5 A25 O alumnado poderá elixir entre avaliación continua ou final práctica: a) Avaliación continua: Valora, por unha banda, o grao de participación nas prácticas e por outra banda, demostre un nivel de xogo idóneo ou un alto grao de progresión persoal no xogo. b) O alumnado que non cumpra este criterio deberá presentarse o exame final. 30
 
Observacións avaliación

O profesorado poderá establecer a avaliación da materia, seleccionando entre as seguintes metodoloxías e probas, por avaliación continua e/ou final, de acordo cos seus criterios pedagóxicos e a evolución do curso. O profesor explicitará e explicará cada unha das probas que utilice para a avaliación ao comezo do curso.

Observacións: 

  • Para superar as probas obrigatorias, é imprescindible obter a cualificación mínima de aprobado (puntuación mínima de 5 puntos sobre 10) en todas e cada unha das probas de avaliación, para poder sumar a media ponderada de cada unha das probas á nota final, e aprobar a materia. Pola contra, quedaría pendente para outra convocatoria oficial. 
  • A cualificación final da materia valorarase entre 0 e 10 puntos.
  • A asistencia ás clases teóricas e prácticas é obrigatoria, considerando a modalidade presencial desta materia. As actividades académicas presenciais son imprescindibles na actividade física e o deporte; de aí o criterio presencial mínimo é do 80% de asistencia para aprobar a materia. Para o control de asistencia ás clases, o profesor porá a disposición do alumnado unha folla de rexistro para afinar.
  • En cada unha das probas superadas, o profesorado manterá a cualificación nas seguintes convocatorias (ata novo aviso na presentación do inicio de curso, ou que se produza un cambio no sistema de aviación).
  • O alumnado con discapacidade ou os incapacitados por lesión crónica ou temporal para a práctica motriz, poderán solicitar a adaptación das tarefas motrices nas sesións e probas de avaliación, a condición de que as competencias da materia permitan. 
  •  Si o estudiantado non supera a materia, nin na primeira oportunidade ni na segunda, as metodoloxías de avaliación aprobadas serán gardadas solamente para o seguiente curso académico.
  • O exame farase no idioma de impartición da materia (elixido por cada profesor), se se desexa noutro idioma solicitarase unha semana antes da data de realización.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes