Teaching GuideTerm
Higher Technical University College of Architecture
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega
 Subjects
  Landscape Management
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Workshop A14 A15 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 En aplicacion de los conocimientos adquiridos el alumno desarollará bajo la tutela del profesorado de la asignatura las diversas tareas encomendadas 100
 
Assessment comments

Do volume de traballo total do alumno nunha materia, unha gran parte (nunca menor do 60%) corresponde ao traballo individual ou en grupo que o alumno se compromete a realizar sen a presenza do profesor. Nestas horas de traballo inclúese a preparación das clases, o estudo, a ampliación e síntese de información recibida, a resolución de exercicios, a elaboración e redacción de traballos, a escritura, verificación e comprobación de programas de ordenador, a preparación e ensaio de exposicións, etc.

A avaliación da aprendizaxe debe comprender tanto o proceso coma o resultado obtido. O rendemento do alumno na materia cursada depende, entre outros, da combinación de dous factores: o esforzo realizado e a capacidade do propio alumno. A forma en que o avaliamos condiciona o método de aprendizaxe e inflúe na aprendizaxe mesmo. De calquera forma dada a tipoloxía deste Máster proponse como norma xeral a avaliación continua polos profesores.

A aprendizaxe a través dos créditos ECTS axústase a unha avaliación continuada que debe contribuír de forma decisiva a estimular o alumno a seguir o proceso e a involucrarse máis na súa propia formación. Apóstase por un criterio xeral de avaliación para todas as materias en que é obrigado contar con dous instrumentos, a avaliación continua e a presentación de traballos realizados individualmente ou en grupo e, recomenda que o peso mínimo da avaliación continua nesa cualificación sexa do 50%. Ademais, deixase a porta aberta para que o profesor poida aumentar ese peso e limítase a posibilidade de penalizar un estudante que teña éxito no exame final e fracase na avaliación continua.

A avaliación debe servir para verificar que o alumno ha asimilado os coñecementos básicos que se lle transmitiron e adquirido as competencias xerais. Pero a avaliación tamén debe ser o instrumento de comprobación de que o estudante adquiriu as competencias teóricas e prácticas do título. Por iso, como se fai para varias materias, utilízanse métodos de avaliación variada (exposicións orais preparadas de antemán, explicacións curtas realizadas polos alumnos en clase, manexo práctico de bibliografía, uso de ordenador, traballo en equipo, etc.) que permitan valorar se o alumno adquiriu as competencias transversais e prácticas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes