Guia docenteCurso
Escuela Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Arquitectura
 Asignaturas
  Traballo Fin de Mestrado
   Contidos
Temas Subtemas
No Proxecto Fin de Carreira desenrola nesta materia (TFM) o traballo iniciado na asignatura Proxectos Avanzados (PA). Consiste na elaboración de proxectos que permitan sintetizar capacidades e coñecementos parciais adquiridos no transcurso do proceso formativo, servindo como ensaio xeral para a práctica do oficio de arquitecto.
O Proxecto Fin de Carreira será, polo tanto, un exercicio orixinal a presentar e defender ante o Tribunal, e consistirá nun proxecto integral de arquitectura de natureza profesional no que se sintetizarán os coñecementos e habilidades adquiridos ao cursar todas as disciplinas da carreira, desenvolvido ata o punto de demostrar aptitude para determinar a completa execución das edificacións sobre as que verse, con cumprimento da regulamentación aplicable.
Estarase a o disposto no Regulamento para a elaboración e defensa do Proxecto Fin de Carreira aprobado polos organos de goberno.
Os temas serán os propostos na asignatura Proxectos Avanzados para cada un dos grupos de taller de arquitectura. As condicións de redacción, contidos, presentación, composición dos Tribunais e demais características do Proxecto Fin de Carreira estarán recollidas no citado Regulamento.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes