Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Rehabilitación Arquitectónica (Plan 2016)
 Asignaturas
  Técnicas de Investigación e Documentación en Arquitectura
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Técnicas de Investigación e Documentación en Arquitectura Código 630567104
Titulación
Mestrado Universitario en Rehabilitación Arquitectónica (Plan 2016)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Río Vázquez, Antonio Santiago
Correo electrónico
antonio.rio.vazquez@udc.es
Profesorado
López Salas, Estefanía
Río Vázquez, Antonio Santiago
Correo electrónico
estefania.lsalas@udc.es
antonio.rio.vazquez@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia ten como obxectivo proporcionar ao alumnado as ferramentas necesarias para elaborar un traballo de investigación en arquitectura. Estudaranse os fundamentos da investigación científica, as fontes de información e os enfoques e metodoloxías específicas no campo da arquitectura, o que permitirá abordar con rigor e eficacia traballos de investigación académicos e coñecer as distintas posibilidades para divulgar os resultados.
Plan de continxencia No caso de que se produzan circunstancias excepcionais motivadas pola pandemia Covid-19, que impidan a docencia presencial prevista, plantéxase o paso desta á modalidade docente non presencial baseada no soporte TIC proporcionado pola Universidade. Utilizarase o conxunto de ferramentas TIC, posto a disposición pola Universidade, especialmente a plataforma Moodle, Teams e o correo electrónico para a comunicación có estudantado. 1. Modificacións nos contidos. No caso de continxencia adoptaranse as medidas necesarias para garantir a calidade do ensino e a integridade dos contidos. Non se realizan cambios nos contidos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: Mantense o conxunto das metodoloxías docentes empregadas, pasando a docencia a desenvolverse de xeito non presencial, total ou parcialmente. *Metodoloxías docentes que se modifican: Non está previsto modificar metodoloxías docentes. 3. Mecanismos de atención personalizada ó alumnado. Os mecanismos de atención personalizada utilizarán as plataformas sinaladas con anterioridade, postas a disposición pola Universidade: Moodle, Microsoft Teams e o Correo electrónico institucional. Temporalización: a establecida segundo o calendario e horario académicos fixados polo centro ó comezo do curso. 4. Modificacións na avaliación Suprimiranse aqueles criterios que impliquen asistencia e presencialidade. Este principio terá validez temporalmente deade o momento no que exista instrución de aplicación do presente Plan de Continxencia. Manteranse o resto dos criterios de avaliación. Para o alumnado con dificultades xustificadas para realizar probas ou entregas, poderanse prever solucións alternativas personalizadas. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Mantense a bibliografía proposta para a asignatura. Subiranse aos soportes de intercambio de arquivos institucionais aqueles textos, fragmentos de textos ou outro material, cuxo coñecemento é imprescindible para superar a materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes