Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Rehabilitación Arquitectónica (Plan 2016)
 Asignaturas
  Técnicas de Investigación e Documentación en Arquitectura
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As sesións maxistrais consisten en clases teóricas de exposición oral complementadas con medios audiovisuais que faciliten a transmisión do coñecemento e a aprendizaxe. Asimesmo, durante ditas sesións preténdese conseguir un certo grado de participación por parte do alumnado para, a través da súa implicación, fomentar un proceso de aprendizaxe bidireccional, interactivo e dinámico.
Estudo de casos Como complemento das sesións maxistrais e co obxecto de promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes desenvolveranse en paralelo clases prácticas. Nelas o alumnado enfrontarase á resolución de casos concretos nos que por en práctica os contidos explicados nas clases maxistrais e que, ó mesmo tempo, servan de referente ós temas obxecto de estudo nos traballos tutelados asignados. Asímesmo, ó longo do curso poden plantexarse visitas fora do ámbito da aula o traer invitado a algún especialista nos temas propios da materia.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Refírese prioritariamente a aprendizaxe de "cómo facer as cousas". Constitúe unha opción baseada na asunción por parte dos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento de ese aprendizaxe polo profesor-titor.
Para a realización dos traballos tutelados o alumnado deberá realizar investigacións de campo referentes ás arquitecturas obxecto do seu propio traballo. Os alumnos tendrán unha certa capacidade de selección de ditos traballos. Asímesmo, dado o carácter tutelado deste traballo, deben producirse sesións periódicas de seguimento co profesorado, a fin de optimizar ou, no seu caso, reconducir as actividades en curso.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes