Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Proxectos 1
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais na que se introducen as achegas teóricas que permitirán ao alumnado enfrontarse coa materia e desenvolver os traballos e prácticas do taller.
Portafolios do alumno Conxunto dos traballos realizados ao longo do curso, xunto con apuntamentos gráficos e escritos, acompañados de aclaracións e esquemas da sesión maxistral, conferencias e eventos, se procede, e notas do estudo persoal, e da observación da realidade.
Obradoiro O obradoiro de proxectos é a modalidade formativa básica da materia Proxectos 1. O Componse de traballo presencial e non presencial.
O traballo proyectual (prácticas individuais e/ou en grupo), complétase con sesións críticas colectivas, debates e comentarios. Nas sesións críticas o alumnado explicará ao conxunto da clase as propostas en desenvolvemento.
Nas horas de taller, o alumnado desenvolverá o seu traballo proyectual, co apoio e supervisión do profesorado.
Horas non presenciais: revisarase e completarse o traballo desenvolvido na aula. Desenvolveranse, se fose o caso, aqueles traballos específicos para a súa realización individual e autónoma.
Acreditación de asistencia ao taller: entrega do traballo realizado en cada sesión semanal.

Proba obxectiva Instrumento de medida articulado para avaliar as capacidades e competencias adquiridas polo alumnado en relación á materia.
Poderase descompor en partes vencelladas coas metodoloxías "sesión maxistral", e "obradoiro".
Preparación da proba práctica: asistencia ás sesións maxistrais, e elaboración dos traballos do obradoiro.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes