Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Xeometría Descritiva
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar o proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar.
Sesión maxistral Na que se expoñen as bases do coñecemento da materia que se especifican nos contidos. Nestas clases o alumnado ten unha aptitude receptiva seguindo as explicacións co soporte de debuxos na lousa, proxeccións en pantalla e sistemas informáticos (TICs). Tomará apuntamentos e formulará preguntas sobre os temas expostos. Ten por obxecto desenvolver os temas, proporcionando tanto os conceptos coma as ferramentas necesarias para a súa comprensión dende unha perspectiva na que a arquitectura se encontra sempre presente.
Obradoiro É aquí onde o alumnado participa activamente no proceso de aprendizaxe, enfrontándose á necesidade de valorar, responder e experimentar todos os coñecementos expostos nas sesiónes maxistrais, ás que deben adecuarse. Formúlanse dous tipos de exercicios:
1.- Prácticas de debuxo sobre taboleiro cunha dedicación dunha sesión por práctica.
2.- Prácticas especiais como control do proceso de aprendizaxe.
Estas prácticas poderán constar de contidos teóricos.

Elíxense para o desenvolvemento destas prácticas gráficas, modelos arquitectónicos de prestigiosos arquitectos/arquitectas ou elementos que se consideren axeitados, cuxos procesos de formalización sexan claros e definibles, co obxecto de que o alumnado vaia formando unha cultura arquitectónica.
Todos os exercicios son obligatorios e entregados na mesma sesión do obradoriro.
Proba práctica Realizarase unha proba final en xullo para todos aqueles que a pesar de seguir o curso non alcanzasen a cualificación de aprobado, superando a materia por curso.
Poderá constar de contidos de caracter teórico e práctico.
Portafolios do alumno É unha cartafol ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto dás actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo profesorado, ou que lle permite visualizar o progreso do alumnado.
O portafolios ou cartafol inclúe:
1.-Apuntes teóricos "personais" de clases maxistrales
2.-Practicas gráficas realizadas nos obradoiros, incluídas as especiais que deberán ser repetidas de xeito autónomo para emendar todos os erros cometidos na clase presencial.
3.-Prácticas gráficas realizadas de modo non presencial.
Estes traballos do porfolio son de carácter obrigatorio e imprescindibles para aprobar por curso e/ou para presentarse á primeira ou a segunda oportunidade.

O portafolios deberá ser entregado xunto coa practica especial correspondente e será devoto unha vez finalizada a súa cualificación e a súa revisión.
Aprendizaxe colaborativa Formularanse traballos individuáis ou en grupo, que se deberán desenvolver a man alzada e en CAD.

As horas presenciais correspondentes a esta metodoloxía dedicaranse á formulación do traballo, a unha serie de clases teóricas, e ao seguimento colectivo e/ou personalizado de dito/s traballo/s proposto/s.

Esta metodoloxía refirese prioritariamente á aprendizaxe do "como facer as cousas" para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes