Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Xeometría Descritiva
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A3 A4 A5 A6 A10
Na que se expoñen as bases do coñecemento da materia que se especifican nos contidos. Nestas clases os alumnos teñen unha aptitude receptiva seguindo as explicacións co soporte de debuxos na lousa, proxeccións en pantalla e sistemas informáticos (Tics). O alumno tomará notas e formulará preguntas sobre os temas expostos. Ten por obxecto desenvolver os temas, proporcionando tanto os conceptos como as ferramentas necesarias para a súa comprensión desde unha perspectiva na que a arquitectura se atopa sempre presente.
0
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A5 A6 A10 A63 B1 B4 B5 B12 C3 C4 C5 C6 C7 É aquí onde o alumno participa activamente no proceso de aprendizaxe, enfrontándose á necesidade de valorar, responder e experimentar todos os coñecementos expostos nas sesiónes maxistrais, ás que deben adecuarse. Formúlanse dous tipos de exercicios:
1.- Prácticas de debuxo sobre taboleiro cunha dedicación dunha sesión por práctica (cualificación 30%)
2.- Prácticas especiais como control do proceso de aprendizaxe do alumno (cualificación 35%). Estas prácticas poderán constar de contidos teóricos.

Elíxense para o desenvolvemento destas prácticas gráficas, modelos arquitectónicos de prestixiosos arquitectos ou elementos que se consideren axeitados, cuxos procesos de formalización sexan claros e definibles, co obxecto de que o alumno vaia formando unha cultura arquitectónica.

Todos os exercicios son obligatorios entregándose na misma sesión do obradoiro.
65
Proba práctica A1 A2 A3 A4 A5 A6 A10 B4 B5 B12 C6 C7 Realizarase unha proba final para todos aqueles alumnos que a pesar de seguir o curso non alcanzasen a cualificación de aprobado, superando a materia por curso.

Poderá constar de contidos de caracter teórico e práctico

PRIMEIRA OPORTUNIDADE (XANEIRO)
Unicamente realizarana os alumnos que despois de seguir a materia non alcanzen a cualificación de 5 no curso. Ou ben que a súa nota de practicas especiais sexa inferior a 5.
Deben cumplir as condicións seguintes:
- 80% asistencia e entrega de todas as prácticas semanais.
- Entrega dos traballos tutelados.


SEGUNDA OPORTUNIDADE (XULLO)
Débense cumprir as mesmas condicións fixadas para presentarse á primeira oportunidade.

A cualificación mínima da proba practica para superar a materia será de 5 puntos sobre 10. A nota final será resultado da proba práctica e do traballo desenvolvido ao longo do curso.
0
Aprendizaxe colaborativa A1 A2 A3 A4 A5 A6 A10 B1 B4 B5 B12 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Formularanse traballos en grupo que os alumnos deberán desenvolver a man alzada e en CAD e TICS.

As horas presenciais correspondentes a esta metodoloxía dedicaranse á formulación do traballo, a unha serie de clases teóricas, e ao seguimento colectivo e/ou personalizado de dito/s traballo/s proposto/s.
15
Portafolios do alumno A1 A2 A3 A4 A5 A6 A10 A63 B4 B5 B12 C1 C2 C3 C6 C7 C8 O portafolios ou cartafol inclúe todo ou que fai ou alumno:
1.-Apuntes teóricos "personais"de clases maxistrais.
2.-Practicas gráficas realizadas nos obradoiros, incluídas as especiais que deberán ser repetidas de xeito autónomo para emendar todos os erros cometidos na clase presencial. E obrigatória a supervisión e control semanal.
3.-Prácticas gráficas realizadas de modo non presencial.
Estes traballos do porfolio son de carácter abrigatorio e imprescindibles para aprobar por curso e/ou para presentarseá primeira ou a segunda oportunidade.

O portafolios deberá ser entregado xunto coa practica especial correspondente e será devolto ao alumno unha vez finalizada a súa cualificación e a súa revisión
20
 
Observacións avaliación

Para superar la materia en la 1ª oportunidad y/o 2ª oportunidad aquellos estudiantes que, de modo justificado, no puedan cumplir el 80% de asistencia y entregas de practicas y trabajos tutelados, el profesorado definirá de modo particularizado las condiciones de evaluación. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes