Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Xeometría Descritiva
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A3 A4 A5 A6 A10 Na que se expoñen as bases do coñecemento da materia que se especifican nos contidos. Nestas clases o alumnado terá unha aptitude receptiva seguindo as explicacións co soporte de debuxos na lousa, proxeccións en pantalla e sistemas informáticos (Tics). Tomará notas e formulará preguntas sobre os temas expostos. Ten por obxecto desenvolver os temas, proporcionando tanto os conceptos como as ferramentas necesarias para a súa comprensión desde unha perspectiva na que a arquitectura se atopa sempre presente. 0
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A5 A6 A10 A63 B1 B4 B5 B12 C3 C4 C5 C6 C7 É aquí onde o alumnado participa activamente no proceso de aprendizaxe, enfrontándose á necesidade de valorar, responder e experimentar todos os coñecementos expostos nas sesiónes maxistrais, ás que deben adecuarse. Formúlanse dous tipos de exercicios:
1.- Prácticas de debuxo sobre taboleiro cunha dedicación dunha sesión por práctica (cualificación 30%)
2.- Prácticas especiais como control do proceso de aprendizaxe do alumno (cualificación 40%). Estas prácticas poderán constar de contidos teóricos.

Elíxense para o desenvolvemento destas prácticas gráficas, modelos arquitectónicos de prestigiosos arquitectos/arquitectas ou elementos que se consideren axeitados, cuxos procesos de formalización sexan claros e definibles, co obxecto de que o alumnado vaia formando unha cultura arquitectónica.

Todos os exercicios son obligatorios entregándose na misma sesión do obradoiro.
70
Proba práctica A1 A2 A3 A4 A5 A6 A10 B4 B5 B12 C6 C7 1ª OPORTUNIDADE

A superación da materia na primeira oportunidade será o resultado de avaliación continua, polo que non haberá proba final. A calificación do curso quedará definida do seguinte xeito:

30% prácticas semanais
40% prácticas especiais, será necesario alcanzar unha media de 5.
20% portfolio
10% traballo CAD

2ª OPORTUNIDADE (XULLO)

Realizarase unha proba final en xullo para todos os/as alumnos/as que a pesar de seguir o curso non alcanzasen a cualificación de aprobado na primeira oportunidad.

Poderá constar de contidos de caracter teórico e práctico

Deben cumplir as condicións seguintes:
- 80% asistencia e entrega de todas as prácticas semanais.
- Entrega do portafolios, e do traballo en CAD

A cualificación mínima da proba para superar a materia será de 5 puntos sobre 10. A nota final será resultado da proba práctica e do traballo desenvolvido ao longo do curso.
0
Aprendizaxe colaborativa A1 A2 A3 A4 A5 A6 A10 B1 B4 B5 B12 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Formularanse traballos en grupo que deberán desenvolver a man alzada e en CAD e TICS.

As horas presenciais correspondentes a esta metodoloxía dedicaranse á formulación do traballo, a unha serie de clases teóricas, e ao seguimento colectivo e/ou personalizado de dito/s traballo/s proposto/s.
10
Portafolios do alumno A1 A2 A3 A4 A5 A6 A10 A63 B4 B5 B12 C1 C2 C3 C6 C7 C8 O portafolios ou cartafol inclúe:
1.-Apuntes teóricos "personais"de clases maxistrais.
2.-Practicas gráficas realizadas nos obradoiros, incluídas as especiais que deberán ser repetidas de xeito autónomo para emendar todos os erros cometidos na clase presencial. E obrigatória a supervisión e control semanal.
3.-Prácticas gráficas realizadas de modo non presencial.
Estes traballos do porfolio son de carácter abrigatorio e imprescindibles para aprobar por curso e/ou para presentarseá primeira ou a segunda oportunidade.

O portafolios deberá ser entregado xunto coa practica especial correspondente e será devolto unha vez finalizada a súa cualificación e a súa revisión
20
 
Observacións avaliación

Para superar a materia na 1ª oportunidade e/ou 2ª oportunidad aquel alumnado que, de modo xustificado, non podan cumplir o 80% da asistencia e entregas de practicas e traballos tutelados, o profesorado definirá de xeito particularizado as condicions de avaliación. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes