Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Introdución á Arquitectura
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Introdución á Arquitectura Código 630G02005
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Alonso Pereira, Jose Ramón
Correo electrónico
jose.ramon.alonso.pereira@udc.es
Profesorado
Abelleira Doldán, Miguel A.
Alonso Pereira, Jose Ramón
Blanco Lorenzo, Enrique Manuel
Caridad Graña, Juan Antonio
Río Vázquez, Antonio Santiago
Correo electrónico
miguel.abelleira@udc.es
jose.ramon.alonso.pereira@udc.es
enrique.blanco@udc.es
juan.caridad@udc.es
antonio.rio.vazquez@udc.es
Web http://http://iala.udc.es/
Descrición xeral Curso inicial dos estudos da Escola de Arquitectura, o primeiro cuadrimestre da carreira quere iniciar a formación da/o futura/o arquitecta/o atendendo dende os momentos iniciais, ó triple soporte reflexivo, proxectivo e construtivo do feito arquitectónico. Dentro del, Introdución á Arquitectura é a única materia obrigatoria dentro do bloque proxectual e é a encargada de espertar ou de acrecentar o interese pola Arquitectura e pola súa razón de ser, aproximándose ó seu concepto dende a teoría e dende a historia e fomentando a capacidade analítica, o sentido crítico e o desenvolvemento lóxico do alumnado no amplo campo que vai da cidade ao deseño elemental, como territorio propio da arquitectura.
Plan de continxencia No caso de que se produzan circunstancias excepcionais motivadas pola Pandemia COVID 19, que impidan a docencia presencial prevista, plantéxase o paso desta á modalidade docente non presencial baseada no soporte TIC proporcionado pola Universidade. Utilizarase o conxunto de ferramentas TIC, posto a disposición pola Universidade, especialmente a plataforma Moodle, Teams e o correo electrónico para a comunicación có estudantado. 1. Modificacións nos contidos. No caso de continxencia adoptaranse as medidas necesarias para garantir a calidade do ensino e a integridade dos contidos. Non se realizan cambios nos contidos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: Mantense o conxunto das metodoloxías docentes empregadas, pasando a docencia a desenvolverse de xeito non presencial, total ou parcialmente. *Metodoloxías docentes que se modifican: Non está previsto modificar metodoloxías docentes 3. Mecanismos de atención personalizada al alumnado. Os mecanismos de atención personalizada ó estudantado utilizarán as plataformas sinaladas con anterioridade postas a disposición pola Universidade: Moodle, Microsoft Teams y el Correo electrónico institucional. Temporalización: a establecida segundo o calendario e horario académicos fixados polo centro ó comezo do curso. 4. Modificacións na avaliación Suprimiranse aqueles criterios que impliquen asistencia e presencialidade. Este principio terá validez temporalmente dende o momento no que exista instrución de aplicación do presente Plan de Continxencia. Mantéñense o resto dos criterios de avaliación. Para o alumnado con dificultades xustificadas para realizar probas ou entregas, poderanse prever solucións alternativas personalizadas. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Mantense a bibliografía proposta para a asignatura. Subiranse aos soportes de intercambio de arquivos institucionais aqueles textos, fragmentos de textos ou outro material, cuxo coñecemento é imprescindible para superar a materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes