Guía DocenteCurso Escola Técnica Superior de Arquitectura |
Grao en Estudos de Arquitectura |
![]() |
![]() |
![]() |
|
|
Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Física para a Arquitectura 1 | Código | 630G02008 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | A7 B1 B2 B3 B4 B5 B9 C1 C3 C6 | Valorarase a exactitude na contestación a diversas preguntas sobre aspectos teórico prácticos. Durante o desenvolvemento desta proba non se permitirá material de ningún tipo, agás bolígrafos. As cuestións poden ser conceptuais e/ou numéricas, podendo presentar unha ou varias respostas posibles. Neste caso, só unha sería a correcta. Establécese un mínimo do 50% nesta proba para superar o curso; en caso contrario a calificación será de Non Presentado, ao non cumplirse os requisitos para a consideración da proba obxectiva. |
30 |
Solución de problemas | A7 A63 B1 B3 B4 B5 B6 B9 C3 C5 C6 C7 C8 | Resolución na aula, de xeito individualizado, de cuestións propostas polo profesorado ao longo do curso. | 7.5 |
Proba obxectiva | A7 A63 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9 C1 C3 C5 C6 C7 C8 | Propóñense problemas ou casos prácticos baseados no temario e a bibliografía aos que se dará unha resposta numérica precisa a cada un deles, tendo nalgúns casos que representar os resultados de xeito gráfico. O exame é individual, o incumprimento deste requisito implica a expulsión e a aplicación da normativa vixente. Os teléfonos móbiles no exame están terminantemente prohibidos, non podendo substituir á calculadora tradicional. Durante o desenvolvemento da parte práctica empregaranse: formulario, calculadora e material de debuxo Cada exercicio contestarase independentemente nun prego DIN A3, escrito con tinta indeleble e dobrado en A4 na entraga. O resultado darase dunha forma que resulte claramente visible, indicando o valor numérico con precisión e coas unidades correspondentes. As partes non válidas deben ser claramente anuladas. Escribirase obrigatoriamente o nome e grupo nos pregos de solucións, así como na folla do enunciado, para ser corrixidas. |
60 |
Traballos tutelados | A7 A63 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9 C1 C3 C5 C6 C7 C8 | Será necesario que o alumnado propoña e resolva de xeito individualizado e personalizado exercicios dos ítems descritos no apartado de contidos da materia, que o profesorado establecerá en tempo e forma ao longo do curso, xunto coa súa data límite de entrega. | 2.5 |
Observacións avaliación | |||
CRITERIOS DE AVALIACIÓN O aprobado establécese en cinco puntos sobre dez posiblesde acordo coa seguinte desagregación (ídem na 1ª e 2ª oportunidade): Proba teórica de resposta múltiple: 3 ptos. [Débese acadar 1,50 puntos mínimo para a consideración da proba obxectiva] Proba práctica obxectiva: 6 ptos. solución de problemas e traballos tutelados ao longo do curso: 1ptos. ao final do cuadrimestre será posible optar á avaliación sempre e cando se teñan cumprimentado os diferentes controis de asistencia que se presenten e/ou os exercicios debidamente resoltos, ata completar un mínimo do 80% do total. O seu incumprimento levará implícita unha calificación de NON PRESENTADO e unha calificación de 0 puntos no apartado de solución de problemas e traballos tutelados para a segunda oportunidade. b) Segunda oportunidade: estará aberta á totalidade do alumnado matriculado na materia, manténdose a desagregación de calificacións da primeira oportunidade. NOTA: aclaración sobre asistencia e avaliación para o alumnado de segunda e posteriores matrículas na materia (coa condición de ter asistido no curso anterior ao 80% comentado):
O alumnado de segunda e posteriores matrículas poderá optar á calificación complementaria cando, despois de superar o 40% de asistencia ás aulas teóricas e prácticas, sexa posible asignarlle unha nota complementaria en función das prácticas e dossieres que teña entregado ao longo do curso académico. CRITERIOS DE CORRECCIÓN: adecúanse aos derivados da realidade profesional da arquitectura. Como criterio xeral os errores conceptuais valoraranse en función da súa gravidade, podendo chegar a anular o exercicio. Tamén resulta relevante a comisión dun error numérico, dado que o exercicio profesional busca resultados concretos. Así, unha equivocación de signo significaría un erro do 200%. |
|