Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Construción 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 A avaliación do portafolios do alumno só se realizará se se presenta encadernado, completo e ordenado. 10
Proba obxectiva A12 A13 A14 A15 A17 A25 A26 A27 A39 A41 A63 A proba obxectiva constará dun test de respostas múltiples e de varios exercicios teórico-prácticos relacionados co temario da materia. A puntuación de cada un dos exercicios estará indicada no seu enunciado. 40
Sesión maxistral A12 A13 A14 A15 A17 A25 A26 A27 A39 A41 A63 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Avaliaranse os apuntes da materia tomados polo alumno nas clases expositivas. Terase en conta o esforzo realizado para completar a información mediante búsquedas realizadas polos alumnos a traverso das fontes dispoñibles: bibliografía, webgrafía, información comercial, etc. Os apuntes redactaranse de forma manuscrita e valorarase especialmente a inclusión dos debuxos e croquis realizados polos profesores nas clases expositivas. 10
Obradoiro B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Esta nota poderá ser distribuida, a criterio dos profesores, na forma 35+5, correspondendo o 35% á evaluación das prácticas do curso e o 5% ás calificacións obtidas nos controles de seguimento (test) realizados na aula. 40
 
Observacións avaliación

Para poder facer a avaliación global da materia en calquera das dúas oportunidades, será necesario que os estudantes:

1. Teñan asistido polo menos o 80% das sesións maxistrais e do taller, salvo que xustifiquen documentalmente as inasistencias por causa de forza maior.

2. Presenten todas as prácticas realizadas no Taller e cada unha delas teñan cualificación igual ou superior ao 40% da nota máxima. No caso de que algunha práctica teña unha nota inferior ao 40% da máxima, ata a data da proba obxectiva de cada unha das dúas oportunidades, os alumnos poderán presentar exercicios de substitución ata alcanzar unha cualificación igual ou superior ao 40% da nota máxima; en caso de non facelo así , o alumno figurará como ‘Non presentado’ nas actas da oportunidade correspondente.

3. Entregue o Portafolio completo e obteña unha cualificación igual ou superior ao 40% da nota máxima .No caso de que a cualificación do  portfolio sexa inferior ao 40% da máxima, o alumno figurará como ‘Non presentado’ nas actas da oportunidade correspondente.

4. Entregue os apuntes tomados nas sesións de clases expositivas e obteña unha cualificación igual ou superior ao 40% da nota máxima. No caso de que a cualificación dos apuntes sexa inferior ao 40% da máxima, o alumno figurará como ‘Non presentado’ nas actas da oportunidade correspondente.

5. Realice a proba obxectiva na data establecida no calendario de exames aprobado polo centro. No caso de que a cualificación do conxunto da proba obxectiva final ou de algunha das súas partes sexa inferior ao 40% da máxima, a nota global que constará nas actas será ésa.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes