Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Urbanística 1
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Urbanística 1 Código 630G02018
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Lopez Gonzalez, Candido
Correo electrónico
candido.lopez@udc.es
Profesorado
Diaz Revilla, Alfonso
García Fontán, Cristina
Lopez Gonzalez, Candido
Vazquez Mosquera, Jose Manuel
Correo electrónico
a.diaz.revilla@udc.es
cristina.garcia.fontan@udc.es
candido.lopez@udc.es
jose.vmosquera@udc.es
Web
Descrición xeral A materia desenvolve un corpus tanto de coñecementos de teoría e historia dos trazados urbanos como de útiles metodolóxicos de analise. Este permitelle ao alumnado percibir o Proxecto Arquitectónico e o Proxecto Urbano como parte dun contexto mais amplo, e desenvolver un posicionamento critico ante a cidade contemporánea. Así mesmo enfróntase coa especificidade da cidade europea co obxetivo de comprender o porqué da súa existencia como un sistema de conceptos, signos,e formas.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos _Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen _Sesión maxistral _Portafolios do alumno _Proba mixta *Metodoloxías docentes que se modifican _Obradoiro: Os exercicios a desnvolver nesta metodoloxía se incorporan na metodoloxía "Traballos tutelados" 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado _Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, resolver dúbidas, solicitar encontros virtuais, e facer o seguimento dos traballos tutelados. _Moodle: Semanalmente e segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, a través dos que se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos impartidos. _Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “Traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación Traballos tutelados (40%). En relación cos traballos tutelados valorarase: - A adecuación metodolóxica das propostas de traballo. - A profundidade do contido. - O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas. - O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar. - A utilización de fontes documentais complementarias e actuais. - A presentación e a claridade da exposición. *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que as referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial. Aaí mismo, a oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño. E requisito para superar a materia tanto asistir e participar regularmente nas actividades da clase como entregar e expoñer os traballos tutelados na data e nos medios que se indiquen. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía _Non se modifican. A bibliografía básica atópase escaneada a disposición do alumnado no Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes