|
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
| A1 |
Aptitude para aplicar os procedementos gráficos á representación de espazos e obxectos (T) |
| A2 |
Aptitude para concibir e representar os atributos visuais dos obxectos e dominar a proporción e as técnicas do debuxo, incluídas as informáticas. (T) |
| A7 |
Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo dos principios da mecánica xeral, a estática, a xeometría de masas e os campos vectoriais e tensoriais. |
| A10 |
Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo das bases de topografía, hipsometría e cartografía e as técnicas de modificación do terreo. |
| A18 |
Aptitude para conservar as estruturas de edificación, a cimentación e obra civil |
| A19 |
Aptitude para conservar a obra rematada |
| A20 |
Aptitude para valorar as obras. |
| A25 |
Coñecemento axeitado dos sistemas construtivos convencionais e a súa patoloxía. |
| A30 |
Coñecemento da organización de oficinas profesionais. |
| A34 |
Capacidade para a concepción, a práctica e desenvolvemento de proxectos básicos e de execución, esbozos e anteproxectos. (T) |
| A35 |
Capacidade para a concepción, a práctica e desenvolvemento de proxectos urbanos. (T) |
| A36 |
Capacidade para a concepción, a práctica e desenvolvemento de dirección de obras. (T) |
| A37 |
Capacidade para elaborar programas funcionais de edificios e espazos urbanos. (T) |
| A38 |
Capacidade para intervir en e conservar, restaurar e rehabilitar o patrimonio construído. (T) |
| A46 |
Capacidade para aplicar normas e ordenanzas urbanísticas. |
| A47 |
Capacidade para elaborar estudos medioambientais, paisaxísticos e de corrección de impactos ambientais. (T) |
| A48 |
Coñecemento axeitado das teorías xerais da forma, a composición e os tipos arquitectónicos. |
| A49 |
Coñecemento axeitado da historia xeral da arquitectura. |
| A50 |
Coñecemento axeitado dos métodos de estudo dos procesos de simbolización, as funcións prácticas e a ergonomía. |
| A51 |
Coñecemento axeitado dos métodos de estudo das necesidades sociais, a calidade de vida, a habitabilidade e os programas básicos de vivenda. |
| A52 |
Coñecemento axeitado da ecoloxía, a sostibilidade e os principios de conservación de recursos enerxéticos e medioambientais. |
| B1 |
Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo |
| B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo |
| B3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
| B4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado |
| B5 |
Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
| B8 |
Coñecer o urbanismo e as técnicas aplicadas no proceso de planificación |
| B9 |
Comprender os problemas da concepción estrutural, de construción e da enxeñería vinculados cos proxectos de edificios así como as técnicas de resolución destes |
| B10 |
Coñecer os problemas físicos, as distintas tecnoloxías e a función dos edificios de xeito que se dote a estes de condicións internas de comodidade e protección dos factores climáticos, no marco do desenvolvemento sostible |
| B11 |
Coñecer as industrias, organizacións, normativas e procedementos para plasmar os proxectos en edificios e para integrar os planos na planificación |
| B12 |
Comprender as relacións entre as persoas e os edificios e entre estes e o seu entorno, así como a necesidade de relacionar os edificios e os espazos situados entre eles en función das necesidades e da escala humana |
| C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma |
| C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común |
| C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras |
| C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse |
| C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia do aprendizaxe ao longo da vida |
| C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |