A avaliación, como sistema de recollida de
información orientada á emisión de xuízos de valor (e, no seu caso, de mérito)
sobre o proceso de aprendizaxe, require un desenrolo continuo cunha constante
implicación do alumno. Con esta premisa, asistencia e participación enténdense
fundamentais, de forma que unha ausencia inxustificada e reiterativa repercute
desfavorablemente na cualificación obtida por curso, en similar proporción que
unha carencia de participación ou unha actitude negativa. Nos criterios de
corrección recóllense non só a exactitude dos resultados, senón tamén a
claridade da presentación, a estruturación da análise efectuada, a utilización
de unidades, a correcta aplicación dos criterios normativos, e a terminoloxía
empregada.
O sistema de avaliación continua configúrase
con probas mixtas, que se realizarán durante o curso, e a práctica de taller. As
probas mixtas representan o 80% da cualificación global e o 20% restante
corresponde á puntuación obtida no taller. Para poder superar a materia por
curso hai que obter unha cualificación mínima, considerando tanto as probas
mixtas como o taller, de 5 sobre 10, esixíndose asemade unha cualificación
mínima de 1 sobre 5 na práctica de taller. Para poder realizar as probas mixtas
intermedias será requisito ter unha asistencia de alúmenos o 70%. Esta condición
non será exixible aos alumno con matrícula a tempo parcial.
Os alumnos que non superaran a materia por
curso volverán examinarse das partes pendentes nas dúas oportunidades do mesmo
curso. En ambos casos conservarase a nota do taller obtida.
Os alumnos que tiveran superada a materia de proxectos 6, para poder aprobar estruturas 4, terán
que desenvolver a súa proposta de taller sobre o tema desenrolado no curso en
que superaran proxectos 6, sendo esixible en todo caso un adecuado seguimento
durante o período da docencia da materia de taller.