Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Estruturas 4
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A17 A18 A44 A63 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9 B11 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Ditas probas contemplarán a resolución de exercicios teóricos-prácticos e o desenvolvemento de determinados aspectos vinculados ao proxecto de estruturas de edificación. A configuración das mesmas, así como os oportunos criterios de cualificación, serán definidos expresamente en cada enunciado. 80
Obradoiro A12 A17 A18 A44 A63 B2 B3 B4 B5 B6 B9 B11 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Valoraranse os resultados obtidos no obradoiro tendo en conta a complexidade da solución e a súa adecuación á proposta arquitectónica, así como o seu desenvolvemento considerando tanto os aspectos de análise e cálculo como de representación gráfica. 20
 
Observacións avaliación

A avaliación, como sistema de recollida de información
orientada á emisión de xuízos de valor (e no seu caso de mérito) sobre o
proceso de aprendizaxe, require un desenvolvemento continuo cunha constante
implicación do alumno. Con esta premisa, a asistencia e participación do alumno
enténdense fundamentais, de forma que unha ausencia inxustificada e reiterativa
pode repercutir desfavorablemente na cualificación obtida por curso, en similar
proporción que unha carencia de participación ou unha actitude negativa. Nos
criterios de corrección recóllense non só a exactitude dos resultados, senón
tamén a claridade da presentación, a estructuración da análise efectuada, a utilización
de unidades, a correcta aplicación dos criterios normativos, e a terminoloxía
empregada.

O sistema de avaliación continua configúrase con probas mixtas
(exame teórico-práctico) que se realizarán durante o período lectivo, e a
práctica de taller, representando cada un destes ítems a porcentaxe antes
indicada sobre a cualificación global.

Para poder realizar as probas mixtas intermedias son requisitos
necesarios:

·     
Entregar a ficha de alumno correctamente no
prazo estipulado.

·     
Unha asistencia non inferior ao 80% no período
correspondente, aplicable en cada unha das categorías de clases presenciais
(expositivas, interactivas e de taller). Esta condición non será esixible aos
alumnos con matrícula a tempo parcial.

Para poder superar a materia por curso deberanse satisfacer as
seguintes esixencias:

·     
Obter en cada unha das probas mixtas intermedias
unha cualificación non inferior a 5 sobre 10.

·     
Obter no exercicio de taller unha cualificación
non inferior a 1 sobre 5.

Os alumnos que non superasen a materia por curso volverán
examinarse das partes (probas mixtas) pendentes nas dúas oportunidades oficiais
do mesmo curso. En ambos os casos conservarase a nota do taller obtida, dado
que a entrega deste exercicio é única, na data que para ese efecto se defina.

Los alumnos que superasen a materia de proxectos 6, para poder
aprobar estruturas 4, terán que desenvolver a súa proposta de taller sobre o
tema desenvolvido no curso en que superasen proxectos 6, sendo esixible en todo
caso un adecuado seguimento durante o período da docencia de taller.

Cualquier constatación de plaxio ou incumprimento relevante
das condicións establecidas para o desenvolvemento de entregas e/ou exámenes,
derivará nunha calificación de suspenso (0) na materia e na convocatoria
correspondentes, invalidando calquera valoración obtida en todas as actividades
de avaliación previas de cara a outras convocatorias.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes