Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Historia da Arquitectura 2
   Competencias do título
Código Competencias do título
A38 Capacidade para intervir en e conservar, restaurar e rehabilitar o patrimonio construído. (T)
A42 Aptitude para catalogar o patrimonio edificado e urbano e planificar a súa protección. (T)
A49 Coñecemento axeitado da historia xeral da arquitectura.
A51 Coñecemento axeitado dos métodos de estudo das necesidades sociais, a calidade de vida, a habitabilidade e os programas básicos de vivenda.
A52 Coñecemento axeitado da ecoloxía, a sostibilidade e os principios de conservación de recursos enerxéticos e medioambientais.
A53 Coñecemento axeitado das tradicións arquitectónicas, urbanísticas e paisaxísticas da cultura occidental, así como dos seus fundamentos técnicos, climáticos, económicos, sociais e ideolóxicos.
A57 Coñecemento axeitado da socioloxía, teoría, economía e historia urbanas.
A63 Elaboración, presentación e defensa ante un Tribunal Universitario dun traballo académico orixinal realizado individualmente relacionado con calquera das disciplinas cursadas.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Coñecer a historia e as teorías da arquitectura, así coma as artes, tecnoloxías e ciencias humanas relacionadas con esta
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia do aprendizaxe ao longo da vida
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes