Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Historia da Arquitectura 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A38 A42 A49 A51 A52 A53 A57 A63 B2 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6 C7 C8 Realización satisfactoria dos traballos tutelados mostrando unha adecuada progresión ao longo do curso. 40
Proba obxectiva A38 A42 A49 A52 A53 A57 A63 B2 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6 C7 C8 Configurada como:
1. Preguntas concretas sobre o conxunto das materias do programa.
2. Temas de reflexión e análise da arquitectura e o urbanismo nos distintos aspectos abordados no temario.
3. Análises concretas individualizadas ou comparativos de textos, obras ou fragmentos arquitectónicos e/ou urbanos, valorando a capacidade analítica da arquitectura nas súas diversas escalas e graos de profundidade.
60
 
Observacións avaliación

A avaliación da asignatura configúrase como unha suma ponderada de
probas obxectivas e traballos tutelados que serán expostos polos alumnos
nas clases interactivas. Dentro do proceso de avaliación continua,
realizaranse tres probas parciais liberatorias ao longo do curso, sobre
os contidos impartidos ata o momento.

A asistencia e participación
ás clases presencias é necesaria para ser avaliado. O traballo no
presencial é valorado a través dos traballos tutelados cun peso do 40%
na calificación final.

A proba obxectiva terá un peso total do 60% na calificación final.

Cada unha das partes que forman a calificación (traballo tutelado e proba obxectiva) son valorados de 0 a 10 puntos.

Para poder aprobar a materia débense cumplir as dúas condicións seguintes:



1. A nota mínima en cada unha das partes será de 3
puntos.



2. Unha das partes da proba obxectiva e un dos traballos tutelados teñen que obter unha calificación igual ou superior a 5
puntos.



Para poder ser avaliado na primeira oportunidade (maio) o alumno
debe cumprir a totalidade dos seguintes requisitos:



1. Asistir ó menos ó 80% das clases presenciais.



2. Entregar os traballos tutelados nas datas sinaladas.



3. Realizar a proba obxectiva, non deixando sen contestar a ningunha
das preguntas plantexadas.

No caso de non cumprir algún dos
primeiros puntos, o alumno obterá un "Non presentado" na convocatoria
(oportunidades de maio e xullo).

Si o alumno non se presenta á
proba obxectiva na primeira oportunidade, cumprindo o resto de
requisitos, obterá un "Non presentado" en maio.

Na segunda
oportunidade (xullo), repetirase soamente a proba obxectiva, coas mesmas
condicións que na primeira oportunidade, á que soamente se poderán
presentar aqueles alumnos que:



1. Ou ben cumpriran os tres requisitos citados anteriormente
e non alcanzara a puntuación suficiente para aprobar.



2. Ou ben cumpriran os dous primeiros pero non se presentaran á proba obxectiva na primeira oportunidade.


Aqueles estudantes que participen programas de mobilidade saínte ou entrante
adaptaranse ás mesmas normas que o resto do estudantado.

Os estudantes repetidores que nun curso
anterior teñan cumprido o requisito de presencialidade quedan exentos de
cumplilo nos cursos seguintes

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes