Teaching GuideTerm
Higher Technical University College of Architecture
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Cimentacións
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A15 Valoración del trabajo desarrollado 30
Proba obxectiva A15 Asistencia 70
 
Observacións avaliación

A avaliación,
como sistema de recollida de información orientada á emisión de xuízos de valor
(e no seu caso de mérito) sobre o proceso de aprendizaxe, require un
desenvolvemento continuo cunha constante implicación do alumno. Con esta
premisa, asistencia e participación enténdense fundamentais, de forma que unha
ausencia inxustificada e reiterativa repercute desfavorablemente na
cualificación obtida por curso, en similar proporción que unha carencia de
participación ou unha actitude negativa. Ademais nos criterios de corrección
recóllense non só a exactitude dos resultados, senón tamén a claridade da
presentación, a estruturación da análise efectuada, a utilización de unidades,
a correcta aplicación dos criterios normativos, e a terminoloxía empregada, sempre
cun criterio profesional.

O sistema de
avaliación continua configúrase con dúas probas obxectivas, que se realizarán
durante o curso, e un traballo tutelado que se desenvolverá ao longo do
cuadrimestre e cuxo seguimento esixirá entregas parciais. Non se aceptará nin
se cualificarán ningunha práctica global, sen realizar correctamente as
entregas parciais, ao nivel indicado polos profesores. As probas mixtas
representan o 70% da cualificación global e o 30% restante corresponde á
cualificación do traballo tutelado, que incluie o trabalo de obradoiro. Para poder realizar as probas obxectivas
intermedias será requisito ter unha asistencia de, polo menos, o 70%.

A superación da
materia esixe obter unha cualificación mínima, considerando tanto as probas
mixtas como o traballo tutelado, de 5 sobre 10.

Os alumnos que
non superasen a materia por curso volverán examinar se de as partes pendentes
nas dúas oportunidades do mesmo curso. En ambos os casos conservarase a nota do
traballo tutelado.

Para a segunda
oportunidade non existirá a posibilidade de mellora dos traballos tutelados
presentados. Por tanto, o alumno que non entregase este traballo no seu momento
non poderá computar este apartado na segunda oportunidade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes