Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Construción 7
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Construción 7 Código 630G02045
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Quinto Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Construcións Arquitectónicas
Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas
Enxeñaría Civil
Expresión Gráfica Arquitectónica
Matemáticas
Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Quintáns Eiras, Carlos Luis
Correo electrónico
carlos.quintans@udc.es
Profesorado
Pita Abad, Carlos Alberto
Quintáns Eiras, Carlos Luis
Seoane González, José Carlos
Correo electrónico
c.pita@udc.es
carlos.quintans@udc.es
carlos.seoane@udc.es
Web
Descrición xeral 1.- Patoloxía dos materiais. 2.- Compatibilidade entre materiales e sistemas constructivos. 3.- Tipoloxías constructivas singulares. 4.- Coherencia entre construcción (materiais e sistemas) e arquitectura 5.- Construcción sustentable 6.- Desarrollo de detalles constructivos e documentos do proxecto de execución 7.- Aplicación de las normas técnicas y constructivas
Plan de continxencia Deséñanse dous plans de continxencia, en base a dous escenarios. ESCENARIO 1 Exponse un primeiro escenario no que, debido á capacidade das aulas ou outro tipo de razóns, non sexa factible a docencia presencial das clases expositivas (sesións maxistrais), en tanto a docencia interactiva e de taller, ao ser grupos de menor número de alumnos, poida seguir impartíndose de forma presencial. Nesta situación, as sesións maxistrais serán impartidas en formato on- line, mediante o uso da plataforma Microsoft TeamsNo hai cambios nos contidos da materia, nin nos mecanismos de atención personalizada ao alumno, nin nos criterios de avaliación. ESCENARIO 2 Exponse un segundo escenario no que, #ante un posible confinamento, non sexa factible ningún tipo de docencia presencial. En tal caso, os cambios previstos son os seguintes: 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías Metodoloxías docentes que se manteñen: Todas:. Metodoloxías docentes que se modifican: Cando non sexa posible ningún tipo de docencia presencial, adoptaranse estratexias alternativas que faciliten e garantan a aprendizaxe e o adecuado desenvolvemento do curso. Para tal fin, exponse as seguintes modificacións respecto a a guía docente: -Sesión maxistral: as clases expositivas impartiranse de maneira telemática, mediante o uso da plataforma Microsoft Teams. Dentro da plataforma Moodle, tal e como sucede no caso da docencia presencial, o alumnado terá acceso ás leccións da materia, así como a diversa documentación complementaria e de apoio. -Taller: adaptarase á forma telemática, mediante o uso da plataforma Microsoft Teams. Do mesmo xeito que sucede na docencia presencial, habilitaranse tarefas na plataforma Moodle para as entregas parciais e finais das prácticas de curso. -Lecturas: Sen modificacións. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado -Correo electrónico: de uso adaptado ao horario de clase e titorías para realizar consultas e solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas. -Moodle: segundo as necesidades do alumnado, poderanse habilitar recursos como foros, etc. para formular as consultas necesarias. -Microsoft Teams: 1 sesión semanal na franxa horaria asignada á materia no calendario de clases da Escola. Tamén poderá servir como canle de comunicación para a atención individual ou grupal no horario de titorías de cada docente. 4. Modificacións na avaliación Sen modificacións. * Observacións de avaliación: Mantéñense os criterios que figuran na guía docente, fóra das referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará en relación ás sesións presenciais que tivesen lugar ata o momento en que a actividade presencial suspéndese. De calquera modo, para a superación e cualificación da materia terase en conta unha óptima porcentaxe de participación regular nas actividades telemáticas similar ao fixado para a presencialidad. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes