Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A5 |
Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo da xeometría métrica e proxectiva. |
A9 |
Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo dos principios da mecánica de fluídos, hidráulica, electricidade e electromagnetismo. |
A14 |
Capacidade para concibir, calcular, deseñar, integrar en edificios e conxuntos urbanos e executar sistemas de cerramento, cuberta e demais obra grosa. (T) |
A15 |
Aptitude para concibir, calcular, deseñar, integrar en edificios e conxuntos urbanos e executar solucións de cimentación. (T) |
A16 |
Capacidade para concibir, calcular, deseñar, integrar en edificios e conxuntos urbanos e executar instalacións de subministración, tratamento e evacuación de augas, de calefacción e de climatización. (T) |
A17 |
Aptitude para aplicar as normas técnicas e construtivas. |
A18 |
Aptitude para conservar as estruturas de edificación, a cimentación e obra civil |
A19 |
Aptitude para conservar a obra rematada |
A20 |
Aptitude para valorar as obras. |
A21 |
Capacidade para conservar a obra grosa. |
A23 |
Capacidade para conservar instalacións. |
A24 |
Coñecemento axeitado da mecánica de sólidos, de medios continuos e do solo, así como das calidades plásticas, elásticas e de resistencia dos materiais de obra pesada. |
A25 |
Coñecemento axeitado dos sistemas construtivos convencionais e a súa patoloxía. |
A26 |
Coñecemento axeitado das características físicas e químicas, os procedementos de produción, a patoloxía e o uso dos materiais de construción. |
A27 |
Coñecemento axeitado dos sistemas construtivos industrializados. |
A28 |
Coñecemento da deontoloxía, a organización colexial, a estrutura profesional e a responsabilidade civil. |
A29 |
Coñecemento dos procedementos administrativos e de xestión e tramitación profesional. |
A31 |
Coñecemento dos métodos de medición, valoración e peritaxe. |
A34 |
Capacidade para a concepción, a práctica e desenvolvemento de proxectos básicos e de execución, esbozos e anteproxectos. (T) |
A35 |
Capacidade para a concepción, a práctica e desenvolvemento de proxectos urbanos. (T) |
A36 |
Capacidade para a concepción, a práctica e desenvolvemento de dirección de obras. (T) |
A37 |
Capacidade para elaborar programas funcionais de edificios e espazos urbanos. (T) |
A38 |
Capacidade para intervir en e conservar, restaurar e rehabilitar o patrimonio construído. (T) |
A39 |
Aptitude para suprimir barreiras arquitectónicas. (T) |
A40 |
Capacidade para exercer a crítica arquitectónica. |
A41 |
Aptitude para resolver o acondicionamento ambiental pasivo, incluíndo o illamento térmico e acústico, o control climático, o rendemento enerxético e a iluminación natural. (T) |
A42 |
Aptitude para catalogar o patrimonio edificado e urbano e planificar a súa protección. (T) |
A45 |
Capacidade para deseñar e executar trazados urbanos e proxectos de urbanización, xardinería e paisaxe. (T) |
A46 |
Capacidade para aplicar normas e ordenanzas urbanísticas. |
A47 |
Capacidade para elaborar estudos medioambientais, paisaxísticos e de corrección de impactos ambientais. (T) |
A48 |
Coñecemento axeitado das teorías xerais da forma, a composición e os tipos arquitectónicos. |
A49 |
Coñecemento axeitado da historia xeral da arquitectura. |
A52 |
Coñecemento axeitado da ecoloxía, a sostibilidade e os principios de conservación de recursos enerxéticos e medioambientais. |
A53 |
Coñecemento axeitado das tradicións arquitectónicas, urbanísticas e paisaxísticas da cultura occidental, así como dos seus fundamentos técnicos, climáticos, económicos, sociais e ideolóxicos. |
A54 |
Coñecemento axeitado da estética e a teoría e historia das belas artes e as artes aplicadas. |
A55 |
Coñecemento axeitado da relación entre os patróns culturais e as responsabilidades sociais do arquitecto. |
A56 |
Coñecemento axeitado das bases da arquitectura vernácula. |
A57 |
Coñecemento axeitado da socioloxía, teoría, economía e historia urbanas. |
A58 |
Coñecemento axeitado dos fundamentos metodolóxicos do planeamento urbano e a ordenación territorial e metropolitana. |
A67 |
Coñecemento avanzado de aspectos específicos da materia de Proxectos no contemplados expresamente na Orde EDU/2075/2010 |
A68 |
Coñecemento avanzado de aspectos específicos da materia de Composición no contemplados expresamente na Orde EDU/2075/2010 |
A69 |
Coñecemento avanzado de aspectos específicos da materia de Urbanismo no contemplados expresamente na Orde EDU/2075/2010 |
A70 |
Coñecemento avanzado de aspectos específicos da materia de Construción no contemplados expresamente na Orde EDU/2075/2010 |
A71 |
Coñecemento avanzado de aspectos específicos da materia de Instalacións no contemplados expresamente na Orde EDU/2075/2010 |
A72 |
Coñecemento avanzado de aspectos específicos da materia de Estruturas no contemplados expresamente na Orde EDU/2075/2010 |
B1 |
Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo |
B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo |
B3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
B4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado |
B5 |
Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
B6 |
Coñecer a historia e as teorías da arquitectura, así coma as artes, tecnoloxías e ciencias humanas relacionadas con esta |
B7 |
Coñecer o papel das belas artes como factor que pode influír na calidade da concepción arquitectónica |
B9 |
Comprender os problemas da concepción estrutural, de construción e da enxeñería vinculados cos proxectos de edificios así como as técnicas de resolución destes |
B10 |
Coñecer os problemas físicos, as distintas tecnoloxías e a función dos edificios de xeito que se dote a estes de condicións internas de comodidade e protección dos factores climáticos, no marco do desenvolvemento sostible |
B12 |
Comprender as relacións entre as persoas e os edificios e entre estes e o seu entorno, así como a necesidade de relacionar os edificios e os espazos situados entre eles en función das necesidades e da escala humana |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para o aprendizaxe ao longo da súa vida |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia do aprendizaxe ao longo da vida |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |