Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinador/a
Seoane Prado, Enrique
Correo electrónico
enrique.seoane@udc.es
Profesorado
Seoane Prado, Enrique
Vazquez Mosquera, Jose Manuel
Correo electrónico
enrique.seoane@udc.es
jose.vmosquera@udc.es
Web
Descripción general
O curso desenvolverase arredor da globalización da información e da cultura, da mundialización da economía, e do cambio climático como paradigmas da contemporaneidade, que se traducen na explosión da cidade sobre os territorios e na urbanización indiscriminada e na ocupación desde a urbanidade de territorios afastados das cidades (especialmente os territorios litorais) e na percepción desde a óptica, desde a sensibilidade e desde a cultura urbanas de todos os territorios.
Cas exposicións teóricas preténdese o estudio e o entendemento dos modos contemporáneos de intervención proxectual urbanística no mundo urbano, periférico, e territorial.
As actuacións urbanísticas contemporáneas teñen así moito que ver:
- co entendemento do metabolismo urbano (social e material) e de ciclo pechado nas cidades e no territorio(autoxeneración enerxética, autosuficiencia hídrica e sistemas urbanos de drenaxe sostible, valorización de resíduos, sustentabilidade e soberania alimentaria,...);
- ca valoración da competencia dos territorios frente á competitividade entre eles;
- con modelos alternativos e integrados de mobilidade e de accesibilidade aos bens materiais e culturais;
- ca valoración da salubridade (cidades saudables e descarbonizadas), da inclusividade fronte á "gentrification" e a "guettification", e da participación ciudadadana;
- ca incorporación da natureza e dos procesos naturais na cidade consolidada, e da infraestruturas e dotacións urbanas no territorio rural (natureza no urbano e urbanidade no territorio), que derivan en actuacións de carácter paisaxístico.
O alumnado -en grupo e individualmente- ha de desenvolvernos exercicios, actividades prácticas e prácticas de curso -tanto desde a discusión teórica como desde a necesaria investigación iniciática- para o establecemento de pautas e propostas de intervención urbanística que contemplen e entendan os paradigmas da contemporaneidade a partir do conxunto de clases teóricas sobre os diferentes tipos de proxectos urbanos e territoriais.
Plan de contingencia
1. Modificaciones en los contenidos
2. Metodologías
*Metodologías docentes que se mantienen
*Metodologías docentes que se modifican
3. Mecanismos de atención personalizada al alumnado
4. Modificacines en la evaluación
*Observaciones de evaluación:
5. Modificaciones de la bibliografía o webgrafía
(*) La Guía Docente es el documento donde se visualiza la propuesta académica de la UDC. Este documento es público y no se puede modificar, salvo cosas excepcionales bajo la revisión del órgano competente de acuerdo a la normativa vigente que establece el proceso de elaboración de guías