Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Actuacións Urbanísticas Contemporáneas
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Actuacións Urbanísticas Contemporáneas Código 630G02060
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Quinto Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Seoane Prado, Enrique
Correo electrónico
enrique.seoane@udc.es
Profesorado
Seoane Prado, Enrique
Vazquez Mosquera, Jose Manuel
Correo electrónico
enrique.seoane@udc.es
jose.vmosquera@udc.es
Web
Descrición xeral O curso desenvolverase arredor da globalización da información e da cultura, da mundialización da economía, e do cambio climático como paradigmas da contemporaneidade, que se traducen na explosión da cidade sobre os territorios e na urbanización indiscriminada e na ocupación desde a urbanidade de territorios afastados das cidades (especialmente os territorios litorais) e na percepción desde a óptica, desde a sensibilidade e desde a cultura urbanas de todos os territorios. Cas exposicións teóricas preténdese o estudio e o entendemento dos modos contemporáneos de intervención proxectual urbanística no mundo urbano, periférico, e territorial. As actuacións urbanísticas contemporáneas teñen así moito que ver: - co entendemento do metabolismo urbano (social e material) e de ciclo pechado nas cidades e no territorio(autoxeneración enerxética, autosuficiencia hídrica e sistemas urbanos de drenaxe sostible, valorización de resíduos, sustentabilidade e soberania alimentaria,...); - ca valoración da competencia dos territorios frente á competitividade entre eles; - con modelos alternativos e integrados de mobilidade e de accesibilidade aos bens materiais e culturais; - ca valoración da salubridade (cidades saudables e descarbonizadas), da inclusividade fronte á "gentrification" e a "guettification", e da participación ciudadadana; - ca incorporación da natureza e dos procesos naturais na cidade consolidada, e da infraestruturas e dotacións urbanas no territorio rural (natureza no urbano e urbanidade no territorio), que derivan en actuacións de carácter paisaxístico. O alumnado -en grupo e individualmente- ha de desenvolvernos exercicios, actividades prácticas e prácticas de curso -tanto desde a discusión teórica como desde a necesaria investigación iniciática- para o establecemento de pautas e propostas de intervención urbanística que contemplen e entendan os paradigmas da contemporaneidade a partir do conxunto de clases teóricas sobre os diferentes tipos de proxectos urbanos e territoriais.
Plan de continxencia Deseñaronse dous plans de continxencia, en función de dous escenarios diferentes: ESCENARIO 1 Prevese un primeiro escenario no que debido á capacidade das aulas ou outro tipo de razóns non sexa factible a docencia presencial das clases expositivas (sesiones maxistrais), en tanto a que docencia interactiva e de obradoiros, ao ser grupos de menor número de alumnos poida seguir impartindose de xeito presencial. Nesta situación, o único cambio previsto afecta á metodoloxía docente empregada nas sesións maxistrais que se realizarán en formato on line ca axuda da plataforma Teams incluida en Office365. No hai cambios nos contidos da materia, nin nos mecanismos de atención personalizada ao alumnado, nin nos criterios de avaliación. ESCENARIO 2 Prevese un segundo escenario no que ante un posible confinamento non sexa factible nengún tipo de docencia presencial. En tal caso, os cambios previstos son os seguintes: 1. Modificacións nos contidos No se realizan cambios 2. Metodoloxías Mantéñense todas, aínda que sexa de xeito non presencial, a través de MOODLE e TEAMS. - Sesión maxistral - Discusión dirixida e estudio de casos (computando na avaliación) - Traballos tutelados (con atención personalizada e computando na avaliación) - Atención personalizada A imposibilidade de continuar utilizando as metodoloxías en formato presencial obriga a adoptar estratexias alternativas que faciliten as aprendizaxes con independencia das posibles continxencias relativas ao equipamiento e conexión do alumnado. Polo que se opta por facilitar a través da plataforma Moodle a documentación necesaria para continuar avanzando no programa formativo, e o resto das tarefas efectuaríanse ca axuda da plataforma Teams incluida en Office365. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado MOODLE será o foro virtual de relación e para compartir contidos, información e traballos. O foro permanecerá aberto durante todo o período lectivo, respondendo o profesorado ás posibles consultas tanto durante as sesións virtuais, como durante o horario oficial de titorías. TEAMS usaráse para reunións virtuais e canles de comunicación. Manteránse abertas as canles de comunicación (xeral e por grupos) para que o alumnado poida formular consultas. As titorías continuaránse a partir da plataformas TEAMS e MOODLE, en sesións semanais durante o horario de titorías, e outras sesións a concertar a través do correo electrónico 4. Modificacións na avaliación Mantéñense os criterios de avaliación indicados e non se modifican as porcentaxes nin os conceptos avaliados. Los alumnos que por causas justificadas relativas al equipamiento informático o de conexión, debidamente acreditadas, no pudiesen realizar los exámenes correspondientes a las pruebas mixtas en línea, tendrán derecho a la realización de dichas pruebas mixtas de forma oral, siendo requisito imprescindible solicitarlo mediante correo electrónico el mismo día del examen, tras lo que serán oportunamente convocados para su realización. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía No se realizan cambios. Mantéñense as fontes de información subministradas.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes