Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Hábitat Básico
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A72 A71 A70 A63 A57 A56 A55 A53 A52 A51 A44 A40 A36 A35 A33 A29 A28 A18 A17 B1 B2 B3 B4 B6 B10 B12 C1 C3 C4 C5 É unha sesión na que o estudantado convocado demostrará a adquisición das capacidades e coñecementos propios da materia mediante unha proba teórico-práctica. 34
Obradoiro A72 A71 A70 A63 A61 A57 A56 A55 A53 A52 A51 A34 A29 A24 A23 A22 A21 A20 A19 A18 A17 A16 A14 A13 A12 B3 B4 B5 B12 C1 C3 C4 O obxectivo da materia é capacitar ao estudantado na análise e traballo práctico en casos relacionados coa Habitabilidade Básica.
Todo isto é formalizado nun traballo teórico-práctico, orixinal e inédito, que haberá de realizarse ao longo do período docente, acompasándose aos coñecementos teóricos impartidos polo profesorado.
Resultará nun documento final, realizado con metodoloxía científica, que se manifestará coas estratexias comunicativas propias das profesionais da arquitectura.
A realización do traballo teórico-práctico inclúe a xestión da información necesaria para a súa execución e a súa exposición e defensa nas sesións de traballo do curso.
66
 
Observacións avaliación



Asistencia mínima. A
asistencia é obrigatoria cando menos a un 80% das sesións que compoñen o
curso. Sen este requisito, o alumnado non poderá aprobar por curso a materia. Queda excluído deste requisito o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC" (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212).


Matrícula tardía. As
persoas matriculadas con posterioridade ao inicio do curso académico deberán
asistir ás clases teóricas e prácticas dende a data da súa matrícula, tendo a
posibilidade de recuperar as prácticas realizadas até a data.



Avaliación. Para
superar a materia, o alumnado disporá de dúas oportunidades: maio/xuño e xuño/xullo. Na primeira
oportunidade. o alumnado será avaliado polos resultados do seu traballo no obradoiro.



Non entregar o
traballo teórico-práctico no momento da primeira oportunidade de avaliación implica
unha cualificación de "Non Presentado".



Quen non superase
esta primeira oportunidade poderá presentarse a unha segunda, que consistirá
nunha proba mixta de tipo teórico-práctica no mes de zuño/xullo, segundo o
calendario oficial. Para poder presentarse a esta segunda oportunidade o alumnado
deberá entregar o traballo teórico-práctico, axeitadamente titorizado polo profesorado,
no momento de realización da proba.



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes