Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Paisaxe
 Asignaturas
  Proxecto da Paisaxe 2
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Proxecto da Paisaxe 2 Código 630G03015
Titulación
Grao en Paisaxe
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Italiano
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Pedros Fernandez, Oscar
Correo electrónico
oscar.pedros@udc.es
Profesorado
Pedros Fernandez, Oscar
Seoane Prado, Enrique
Vazquez Mosquera, Jose Manuel
Correo electrónico
oscar.pedros@udc.es
enrique.seoane@udc.es
jose.vmosquera@udc.es
Web
Descrición xeral Deseñar a paisaxe quere dicir establecer as trazas, a organización, a materialización dunha certa idea sobre a configuración da contorna física. A palabra deseño presupón a vontade de intervir e transformar. Dar forma. Construír unha idea, un horizonte, un lugar…, onde talvez só existía un baleiro, desde a preexistencia natural. A materia utiliza como vehículo o elemento natural da auga como conformador de paisaxe (feito sensible) e o ciclo hídrico como motor desa xustificación sensible (feito físico). As leccións que conforman a materia, Proxecto da paisaxe 2, exponse co obxectivo de proporcionar a base teórica precisa para a aproximación ao exercicio de trazado e proxecto da paisaxe. Abordaranse os aspectos metodolóxicos propios da ideación espacial, posto que a paisaxe é a imaxe dun espazo aberto, que se sustentan na aplicación rigorosa da xeometría, no coñecemento preciso do medio no que se vai a actuar, na determinación da finalidade da intervención e na interacción entre proxecto e pensamento, entendido este como a simbiose de formulacións científicas, técnicos, filosóficos e artísticos. E todo iso insistindo en evidenciar a lectura da realidade “natural” habitualmente alterada por intervencións tantas veces lamentables e admitidas como normais pola carencia dunha óptica sensibilizada, xa sexan trazado de viais, xeometrías de plantacións, infraestruturas agresivas coa contorna, os tapices forestais, as augas , os límites e as periferias, as violencias de escalas enfrontadas xa sexan os vultos urbanos e os dubidosos baleiros públicos que xeran.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes