Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Paisaxe
 Asignaturas
  Enxeñería da Paisaxe
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A9 A60 A62 A63 A64 A67 B1 B2 B3 B4 B5 C1 Consistirá nunha proba obxectiva ao final do semestre relacionada cos contidos teóricos e prácticos da materia 30
Traballos tutelados A67 A9 C1 C2 C3 C5 C6 C7 Entrega de contido mínimo segundo os estándares de presentación da materia, en cada unha das entregas establecidas segundo o calendario fixado 20
Obradoiro A9 A63 A64 A65 A66 A67 A68 A70 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B12 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Considera a participación do estudante na docencia presencial, a realización e exposición, do traballo non presencial e dos desenvolvidos no obradoiro.
Valorarase o coñecemento e comprensión dos principios introducidos no curso. A avaliación terá en conta a presentación clara de resultados, precisión, rigor conceptual, idoneidade, sensibilidade ambiental e grao de resolución dos enunciados do exercicio, así como a capacidade gráfica para ilustrar os resultados dun xeito visual e a capacidade de comunicación verbal e coherencia na documentación proporcionada.
50
 
Observacións avaliación

Para realizar a proba obxectiva, os estudantes deberán ter realizado o traballo tutelado do curso, así como entregado o obradoiro da asignatura con polo menos o 80% dos requisitos establecidos nela.

Estes criterios son válidos tanto para a primeira como para a segunda oportunidade. Os alumnos repetidores manterán a cualificación do curso ata dúas convocatorias.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes