Nesta materia preséntase a Paisaxe Cultural como unha realidade arquitectónica e xeográfica complexa, integrada por compoñentes naturais e culturais, tanxibles e intanxibles, cuxa combinación configura o seu carácter, e que debe abordarse desde diferentes perspectivas.
É importante analizar a problemática que se xera na protección e a conservación das paisaxes culturais, o abandono, a introdución de novos usos e as relacións entre turismo e patrimonio, xeografía e arquitectura. O alumnado debe coñecer os mecanismos de estudo e avaliación destes procesos e analizar as estratexias que permitan minimizar os impactos negativos e maximizar os efectos positivos, contribuíndo a mellorar a calidade de vida da sociedade.
Ao mesmo tempo, o proxecto interdisciplinar constitúe a ferramenta de intervención sobre as paisaxes culturais a distintas escalas. É necesario coñecer as figuras de plan urbano e territorial e as súas implicacións respecto ao patrimonio, así como ter a capacidade de valorar críticamente as súas posibilidades de acción.
Por tanto, a materia posúe un dobre obxectivo principal: analizar reflexivamente os valores arquitectónicos e xeográficos da paisaxe e coñecer polo miudo as ferramentas que a ordenación territorial poida facilitar en relación a eses valores.
Plan de continxencia
Caso de producirse circunstancias excepcionais motivadas pola Pandemia COVID 19, que impidan a docencia presencial prevista, exponse o paso desta á modalidade docente non presencial baseada no soporte TIC proporcionado pola Universidade.
Utilizarase o conxunto de ferramentas TICs, posto a disposición pola Universidade, en especial a pataforma Moodle, Teams e o correo electrónico para a comunicación cos alumnos.
1. Modificacións nos contidos.
No caso de continxencia adoptaranse as medidas necesarias para garantir a calidade do ensino e a integridade dos contidos.No se realizan cambios en los contenidos. Non se realizan cambios nos contidos.
2. Metodoloxías
- Metodoloxías docentes que se manteñen:
Mantense o conxunto das metodoloxías docentes empregadas, pasando o modo docente a desenvolverse de maneira non presencial, total ou parcialmente.
-Metodoloxías docentes que se modifican:
Non está previsto modificar metodoloxías docentes
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado.
Os mecanismos de atención personalizada ao alumno desenvolvesen nas plataformas sinaladas con anterioridade, postas a disposición pola Universidade: Moodle, Microsoft Teams e o correo electrónico institucional. Temporalización a establecida segundo o calendario e horario académicos fixados polo centro ó inicio do curso.
4. Modificacións na avaliación
Suprímense aqueles criterios que implican asistencia e presencialidade, en concreto o exposto do 80% de asistencia ás clases presenciais. Este principio terá validez temporalmente desde o momento no que exista instrución de aplicación do presente Plan de Continxencia.
Mantense o resto dos criterios de avaliación.
Para o alumnado con dificultades xustificadas para realizar probas ou entregas, poderanse prever solucións alternativas personalizadas.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Mantense a bibliografía exposta para a materia. Subiranse aos soportes de intercambio de arquivos institucionais, aqueles textos, fragmentos de textos ou outro material, cuxo coñecemento é necesario para superar a materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías