Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Paisaxe
 Asignaturas
  Paisaxe Cultural
   Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Descrición
A metodoloxía de ensino-aprendizaxe estará baseada en clases maxistrais dos aspectos teóricos, acompañadas por material TIC (computador, canón de vídeo, acceso web da materia) relacionado coas paisaxes culturais, e combinadas con exemplos e aplicacións prácticas concretas sobre os diversos campos da materia. Tamén se realizarán lecturas críticas de textos fundamentais para a comprensión das paisaxes culturais. Atenderanse as dúbidas e comentarios que poidan xurdir durante a clase ou despois dela.

Realizaranse visitas aos lugares de interese comentados nos contidos da materia, contando cos coñecementos dos docentes para explicar e ensinar ao alumnado as diversas especificidades do lugar, verificando in situ, o exposto nas aulas. Atenderanse de modo individual e colectivo as dúbidas xurdidas..

Como complemento das sesións e con obxecto de promover a aprendizaxe autónoma e grupal dos estudantes, desenvolveranse traballos prácticos por parte dos alumnos, (contando con metodos de aprendizaxe colaborativa), nos que se contará coa atención personalizada dos profesores, cos que se poderá contactar virtualmente a través do correo electrónico, as ferramentas Moodle ou Teams, postas ao dispor da Universidade, ou presencialmente nas horas de titorías fixadas.

O alumnado colócase espacial e conceptualmente, polo profesorado, no centro do ensino e a aprendizaxe.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes