Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Paisaxe
 Asignaturas
  Proxecto da Paisaxe 4
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A21 A24 A25 A26 A36 A37 A41 A42 A46 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C3 C5 C6 C7 C8 Avaliarase o resultado de traballo de taller tanto o individual como o colectivo das distintas prácticas entregadas. É necesario ter este traballo aprobado para superar a materia. 90
Sesión maxistral A23 A27 A31 A38 B6 B7 B11 B12 Valorarase a asistencia e a participación na aula 10
 
Observacións avaliación



A avaliación será continua.Os sistemas de avaliación axustaranse ao establecido na
Normativa vixente de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións de estudos de
grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña e da Universidade de Santiago
de Compostela.


Para aprobar o alumno debe acadar unha nota igual ou superior a un 5 tanto nas
práticas individuais como nas prácticas de grupo, de non ser así non se fará media.
Asemade o estudante debe ter unha asistencia mínima do 80% e todas as súas práticas
deberán ser entregadas nas datas especificadas.


Haberá exames (e/ou repetición de entregas, a xuízo do docente) de primeira e segunda
oportunidade nas datas fixadas e a celebrar na Universidade da Coruña, aos que só poderán
presentarse os alumnos que teñan a asistencia mínima do 80% a sesións maxistrais e
obradoiro e todas as prácticas semanais e de curso entregadas nas datas requeridas. 

A detección de plaxio, así como a realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso “0” na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación para a convocatoria extraordinaria.





Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes