Plan de continxencia |
Todo o plantexamento do programa para o Curso 2020-21 poderá verse alterado en función de calquera problema epidemiolóxico que acompañe aos posibles rebrotes do COVID-19.
En función da planificación docente e da metodoloxía de ensino-aprendizaxe, a avaliación desagrégase en dúas compoñentes formativas, cos pesos
seguintes: entregas de avaliación continua, 50%; e exame, 50%. De acordo coas directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial
segura no curso 2020-2021, prevense tres escenarios.
1. Escenario «Normalidade adaptada»
1.1. O 50% das entregas de avaliación continua resultará das aulas interactivas previstas. Nesta compoñente terase en conta a participación activa
do alumnado nas aulas e mais a memoria reflexiva da saída de campo. En todas as entregas, os plaxios, tanto de autores/as e de Internet coma
entre alumnos/as, comportarán suspender.
1.2. O 50% do exame será presencial para todo o alumnado, na data estabelecida pola Facultade de Xeografía e Historia. Nas preguntas tipo test, as
respostas equivocadas restarán.
1.3. Se a media non resultase nunha cualificación por riba de 5 na primeira oportunidade, pódese afrontar a segunda oportunidade de avaliación. Na
segunda oportunidade non se pode producir avaliación continua, polo que esa compoñente tamén será obxecto de avaliación mediante un exame.
1.4. Para o alumnado coa dispensa concedida, a compoñente de avaliación continua será avaliada mediante un exame presencial equivalente.
1.5. Dentro da primeira compoñente, prevese unha saída de campo. Para aquel alumnado sen a dispensa concedida, trátase dunha actividade de
ensino-aprendizaxe regular. Porén, se alguén non puidese asistir, facultarase unha entrega alternativa.
2. Escenario «Distanciamento»
2.1. De se poderen realizar as aulas interactivas, desenvolveranse o máis parecidas que sexa posíbel ao primeiro escenario. Porén, non se terá en
conta a participación activa do alumnado nas aulas nin haberá traballo de campo. De non se poderen realizar as aulas interactivas, proporanse
tarefas a través de Campus Virtual que serán avaliábeis. En todas as entregas, os plaxios, tanto de autores/as e de Internet coma entre
alumnos/as, comportarán suspender.
2.2. O 50% do exame será telemático, na data estabelecida pola Facultade de Xeografía e Historia.Nas preguntas tipo test, as respostas equivocadas
restarán.
2.3. Se a media non resultase nunha cualificación por riba de 5 na primeira oportunidade, pódese afrontar a segunda oportunidade de avaliación. Na
segunda oportunidade non se pode producir avaliación continua, polo que esa compoñente tamén será obxecto de avaliación mediante un exame
telemático.
2.4. Para o alumnado coa dispensa concedida, a compoñente de avaliación continua só será avaliada mediante un exame telemático equivalente na
primeira oportunidade.
3. Escenario «Peche das instalacións»
3.1. O 50% das entregas de avaliación continua resultará de tarefas a través de Campus Virtual que serán avaliábeis. En todas as entregas, os
plaxios, tanto de autores/as e de Internet coma entre alumnos/as, comportarán suspender.
3.2. O 50% do exame será telemático, na data estabelecida pola Facultade de Xeografía e Historia. Nas preguntas tipo test, as respostas
equivocadas restarán.
3.3. Se a media non resultase nunha cualificación por riba de 5 na primeira oportunidade, pódese afrontar a segunda oportunidade de avaliación. Na segunda oportunidade, a primeira compoñente tamén será obxecto de avaliación mediante un exame telemático. |