Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Paisaxe
 Asignaturas
  Xestión Social da Paisaxe
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario entregas de avaliación continua resultará das aulas interactivas previstas. Nesta compoñente terase en conta a participación activa do alumnado nas aulas e mais a memoria reflexiva da saída de campo. En todas as entregas, os plaxios, tanto de autores/as e de Internet coma entre alumnos/as, comportarán suspender. 50
Proba obxectiva O exame será presencial para todo o alumnado, na data estabelecida pola Facultade de Xeografía e Historia. Nas preguntas tipo test, as respostas equivocadas restarán. 50
 
Observacións avaliación

En función da planificación docente e da metodoloxía de ensino-aprendizaxe, a avaliación desagrégase en dúas compoñentes formativas, cos pesos

seguintes: entregas de avaliación continua, 50%; e exame, 50%. De acordo coas directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial

segura no curso 2020-2021, prevense tres escenarios.

1. Escenario «Normalidade adaptada»

1.1. O 50% das entregas de avaliación continua resultará das aulas interactivas previstas. Nesta compoñente terase en conta a participación activa do alumnado nas aulas e mais a memoria reflexiva da saída de campo. En todas as entregas, os plaxios, tanto de autores/as e de Internet coma entre alumnos/as, comportarán suspender.

1.2. O 50% do exame será presencial para todo o alumnado, na data estabelecida pola Facultade de Xeografía e Historia. Nas preguntas tipo test, as respostas equivocadas restarán.

1.3. Se a media non resultase nunha cualificación por riba de 5 na primeira oportunidade, pódese afrontar a segunda oportunidade de avaliación. Na segunda oportunidade non se pode producir avaliación continua, polo que esa compoñente tamén será obxecto de avaliación mediante un exame.

1.4. Para o alumnado coa dispensa concedida, a compoñente de avaliación continua será avaliada mediante un exame presencial equivalente.

1.5. Dentro da primeira compoñente, prevese unha saída de campo. Para aquel alumnado sen a dispensa concedida, trátase dunha actividade de ensino-aprendizaxe regular. Porén, se alguén non puidese asistir, facultarase unha entrega alternativa.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes