Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Paisaxe
 Asignaturas
  Proxecto da Paisaxe 5
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Saídas de campo B5 C4 C3 Valoraranse as notas que mostren a capacidade de observación da realidade e o seu traslado a planos e textos. 10
Sesión maxistral B1 B2 B6 B7 B11 B12 B13 Valorarase a asistencia e a participación na aula 10
Actividades iniciais C1 C2 C5 C7 Valórase a capacidade de observación, lectura e atención. 10
Obradoiro A21 A23 A25 A27 A30 A31 A35 A45 A46 B3 B4 C6 C8 Avaliarase o resultado de traballo de taller tanto o individual como o colectivo das distintas prácticas entregadas. É necesario ter este traballo aprobado para superar a materia. 70
 
Observacións avaliación

A avaliación será continua.Os sistemas de avaliación axustaranse ao establecido na

Normativa vixente de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións de estudos de

grao e máster universitario da Universidade da Coruña e da Universidade de Santiago

de Compostela.

Para aprobar o alumno debe acadar unha nota igual ou superior a un 5 tanto nas

prácticas individuais como na prácticas de grupo, de non ser así non se fará media.

Asemade o estudante debe ter unha asistencia mínima do 80% e todas as súas prácticas

deberán ser entregadas nas datas especificadas.

Haberá exames (e/ou repetición de entregas, a xuízo do docente) de primeira e segunda

oportunidade nas datas fixadas e a celebrar na EPS de Lugo, aos que só poderán

presentarse os alumnos que teñan a asistencia mínima do 80% a sesións maxistrais e

obradoiro e todas as prácticas semanais e de curso entregadas nas datas requeridas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes