Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Paisaxe
 Asignaturas
  Proxecto da Paisaxe 5
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Proxecto da Paisaxe 5 Código 630G03028
Titulación
Grao en Paisaxe
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 12
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Vazquez Mosquera, Jose Manuel
Correo electrónico
jose.vmosquera@udc.es
Profesorado
Irisarri Castro, Jesús
Vazquez Mosquera, Jose Manuel
Correo electrónico
j.irisarri@udc.es
jose.vmosquera@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia está baseada no "espazo público"considerado como escearios que representan a relación espazo-tempo. Achéganos ás condición do contexto, á dimensión do epazo en relación coas estratexias contemporáneas xeradoras de vida urbana atractiva, á vez que como contedores da totalidade (espazo-tempo) e da escala; claves na forma física da cidade e da identidade colectiva. Por ser froito da actividade dunha comunidade representa tamén as aspiracións colectivas.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizaron cambios 2. Metodoloxías Metodoloxías docentes que se manteñen _Sesión maxistral _Portafolios do alumno _Proba mixta *Metodoloxías docentes que se modifican _Obradoiro: Os exercicios a desenvolver nesta metodoloxía incorpóranse na metodoloxía "Traballos tutelados" 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado _Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, resolver dúbidas, solicitar encontros virtuais, e facer o seguimento dos traballos tutelados. _Moodle: Diariamente e segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, a través dos que se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos impartidos. _Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “Traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación Traballos tutelados (70%). En relación cos traballos tutelados valorarase: - A adecuación metodolóxica das propostas de traballo. - A profundidade do contido. - O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas. - O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar. - A utilización de fontes documentais complementarias e actuais. - A presentación e a claridade da exposición. *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que as referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial. E requisito para superar a materia tanto asistir e participar regularmente nas actividades da clase como entregar e expoñer os traballos tutelados na data e nos medios que se indiquen. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía _Non se modifican.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes