Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Diplomado en Navegación Marítima
 Competencias / Resultados do título


Tipo A Código Competencias / Resultados do título - Específicas
  A1 Asegurar o cumprimento das prescricións sobre prevención da contaminación, a nivel operacional.
  A2 Emprego do radar e o ARPA para realizar unha navegación segura, a nivel operacional.
  A3 Facer funcionar os dispositivos de salvamento, a nivel operacional.
  A4 Manobrar o buque, a nivel operacional, tendo en conta os elementos controlables e non controlables de que dispón o manobrista.
  A5 Manter a navegabilidade do buque, a nivel operacional.
  A6 Adoptar as medidas axeitadas nos casos de emerxencia, a nivel operacional.
  A7 Planificar e dirixir unha travesía e determinar a situación, a nivel operacional.
  A8 Prestar primeiros auxilios a bordo, a nivel operacional.
  A9 Prevención, control e loita contra incendios a bordo, a nivel operacional.
  A10 Realizar unha garda de navegación segura, a nivel operacional.
  A11 Responder as sinais de socorro na mar, a nivel operacional.
  A12 Transmitir e recibir información mediante sinais visuais, a nivel operacional.
  A13 Utilización do Vocabulario normalizado de navegación marítimia, substituído polas Frases normalizadas da OMI para as comunicacións marítimas, e emprego do inglés falado e escrito, a nivel operacional.
  A14 Vixiar o cumprimento das prescricións lexislativas, a nivel operacional.
  A15 Vixiar o embarco, estiba, suxeición e desembarco da carga, o seu coidado e mantemento durante a travesía, a nivel operacional.
  A16 Adopción de medidas inmediatas ao producirse un accidente ou outro tipo de emerxencia médica.
  A17 Comprender as ordes e facerse entender en relación coas tarefas de a bordo no seu propio idioma e en Inglés.
  A18 Contribuír a que as relacións humanas a bordo do buque sexan boas.
  A19 Controlar as operacións de loita contra incendios a bordo.
  A20 Dispensar coidados médicos a persoas enfermas ou feridas mentres permanezan a bordo.
  A21 Dispensar primeiros auxilios os superviventes.
  A22 Dispensar primeiros auxilios en caso de accidente ou enfermidade a bordo.
  A23 Facerse cargo dun bote de rescate rápido durante e despois da súa posta a flote.
  A24 Facerse cargo dunha embarcación de supervivencia ou bote de rescate durante e despois da posta a flote.
  A25 Inspeccionar e manter os sistemas e o equipo de detección e extinción de incendios.
  A26 Investigar e recompilar informes sobre incidentes nos que produzan incendios.
  A27 Loitar contra incendios e extinguilos.
  A28 Manexar o motor dun bote de rescate rápido.
  A29 Manexar o motor dunha embarcación de supervivencia.
  A30 Observar os procedementos de emerxencia.
  A31 Observar prácticas de seguridade no traballo.
  A32 Organizar aos superviventes e a embarcación de supervivencia tras abandonar o buque.
  A33 Organizar e formar cuadrillas de loita contra incendios.
  A34 Reducir o mínimo os riscos de incendio e manter un estado de preparación que permita responder en todo momento a situacións de emerxencia nas que se produzan incendios.
  A35 Supervivencia no mar en caso de abandono do buque.
  A36 Tomar precaucións para previr a contaminación do medio mariño.
  A37 Utilizar os dispositivos de localización incluídos os aparellos de comunicación e sinalización e as sinais pirotécnicas.
  A38 Participar nos planos de coordinación da asistencia médica a bordo dos buques.
  A39 Levar a cabo observacións metereolóxicas básicas, e interpretar as cartas sinópticas do tempo.
  A40 Interpretar e representar correctamente o espazo tridimensional, coñecendo os obxectivos e emprego dos sistemas de representación gráfica.
  A41 Interpretar e representar as formas do buque e das súas instalacións.
  A42 Coñecer e construír as Proxeccións Cartográficas Perspectivas empregadas en Navegación, os seus antecedentes e o seu uso.
  A43 Cumprimentar contratos típicos do tráfico marítimo internacional, interpretando as responsabilidades que se deriven para cada unha das partes, así como redactar informes periciais en casos de conflicto e/ou sinistro no ámbito marítimo.
  A44 Cumprimentar correctamente sistemas de xestión, formularios e contratos típicos do tráfico mercantil marítimo.
  A45 Explotar economicamente o buque en todos os ámbitos do comercio e transporte internacional marítimo, fluvial e lacustre, e as súas interconexións.
  A46 Dirixir, administrar e comerciar no ámbito do transporte, con coñecemento das áreas económicas, portos e as súas comunicacións.
  A47 Utilizar as ferramentas axeitadas para interpretar os movementos do comercio, do transporte e do negocio marítimo (shipping business).
  A48 Localizar avarías illando, identificando e corrixindo sistematicamente fallos nun circuito ou sistema dixital.
  A49 Ensamblar, manter e reparar equipos informáticos e manexar sistemas operativos e aplicacións informáticas.
  A50 Xestionar empresas e servicios relacionados ca náutica de recreo deportiva.
  A51 Modelizar situacións e resolver problemas con técnicas ou ferramentas físico-matemáticas.
  A52 Avaliación cualitativa e cuantitativa de datos e resultados, así coma representación e interpretación matemática de resultados obtidos experimentalmente.
  A53 Redacción e interpretación de documentación técnica.
  A54 Redacción de informes, cumprimentación e comprensión en Inglés dos diferentes documentos internacionais relacionados coa navegación e o comercio marítimo.
  A55
Tipo B Código Competencias / Resultados do título - Básicas / Xerais
  B1 Aprender a aprender.
  B2 Resolver problemas de forma efectiva.
  B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
  B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
  B5 Traballar de forma colaborativa.
  B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
  B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
  B8 Aprender en contornos de teleformación.
  B9 Capacidade para interpretar, seleccionar e valorar conceptos adquiridos en outras disciplinas do ámbito marítimo, mediante fundamentos físico-matemáticos.
  B10 Versatilidade.
  B11 Capacidade de adaptación a novas situacións.
  B12 Uso das novas tecnoloxías Tic, e de Internet como medio de comunicación e como fonte de información.
  B13 Comunicar por escrito e oralmente os coñecementos procedentes da linguaxe científica.
  B14 Capacidade de análise e síntese.
  B15 Capacidade para acadar e aplicar coñecementos.
  B16 Organizar, planificar e resolver problemas.
Tipo C Código Competencias / Resultados do título - Transversais / Nucleares
  C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes