Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Máquinas Navais
 Competencias / Resultados do título


Tipo A Código Competencias / Resultados do título - Específicas
  A1 CE01 - Realizar unha garda de máquinas segura
  A2 CE02 - Facer funcionar a maquinaria principal e auxiliar e os sistemas de control correspondentes.
  A3 CE03 - Facer funcionar os sistemas de bombeo de combustible, lubricación, lastre e doutro tipo e os sistemas de control correspondentes.
  A4 CE04 - Facer funcionar os sistemas eléctricos, electrónicos e de control.
  A5 CE05 - Utilizar debidamente as ferramentas de man, máquinas ferramenta e instrumentos de medición para as operacións de fabricación, detección de avarías e reparación a bordo do buque.
  A6 CE06 - Mantemento e reparación das máquinas e o equipo de a bordo.
  A7 CE07 - Manter a navegabilidade do buque.
  A8 CE08 - Vixiar o cumprimento das prescricións lexislativas.
  A9 CE09 - Emprego do inglés escrito e falado.
  A10 CE10 - Utilizar os sistemas de comunicación interna.
  A11 CE11 - Manter e reparar o equipo eléctrico e electrónico.
  A12 CE12 - Garantir o cumprimento das prescricións sobre prevención da contaminación.
  A13 CE13 - Prevención, control e loita contra incendios a bordo.
  A14 CE14 - Facer funcionar os dispositivos de salvamento.
  A15 CE15 - Prestar primeiros auxilios a bordo.
  A16 CE16 - Aplicar as calidades de liderado e de traballo en equipo.
  A17 CE17 - Contribuír á seguridade do persoal e do buque
  A18 CE18 - Supervisar o funcionamento dos sistemas eléctricos, electrónicos e de control.
  A19 CE19 - Supervisar os sistemas de control automático da máquina propulsora principal e a maquinaria auxiliar.
  A20 CE20 - Facer funcionar os xeradores e os sistemas de distribución.
  A21 CE21 - Facer funcionar e manter os sistemas de enerxía eléctrica de máis de 1.000 voltios.
  A22 CE22 - Facer funcionar os computadores e redes informáticas a bordo dos buques.
  A23 CE23 - Manter e reparar os sistemas de control automático da maquina propulsora principal e das maquinas auxiliares.
  A24 CE24 - Manter e reparar o equipo náutico da ponte e os sistemas de comunicación do buque.
  A25 CE25 - Manter e reparar os sistemas eléctricos, electrónicos e de control da maquinaria de cuberta e do equipo de manipulación da carga.
  A26 CE26 - Manter e reparar os sistemas de control e seguridade do equipo de fonda.
  A27 CE27 - Supervivencia no mar en caso de abandono do buque.
  A28 CE28 - Reducir ao mínimo os riscos de incendio, e manter un estado de preparación que permita responder en todo momento a situacións de emerxencia nas que se produzan incendios.
  A29 CE29 - Loitar contra incendios e extinguilos.
  A30 CE30 - Adoptar medidas inmediatas ao producirse un accidente ou outro tipo de emerxencia médica.
  A31 CE31 - Cumprir os procedementos de emerxencia.
  A32 CE32 - Tomar precaucións para previr a contaminación do medio mariño.
  A33 CE33 - Observar as prácticas de seguridade no traballo.
  A34 CE34 - Contribuír a que as comunicacións a bordo do buque sexan eficaces.
  A35 CE35 - Contribuír a que as relacións humanas a bordo do buque sexan boas.
  A36 CE36 - Comprender e adoptar as medidas necesarias para controlar a fatiga.
  A37 CE37 - Facer cargo dunha embarcación de supervivencia ou dun bote de rescate durante e despois da posta á boia.
  A38 CE38 - Facer funcionar o motor dunha embarcación de supervivencia.
  A39 CE39 - Organizar aos sobrevivente e a embarcación de supervivencia tras abandonar o buque.
  A40 CE40 - Utilizar os dispositivos de localización, incluídos os aparellos de comunicación e sinalización e os sinais pirotécnicos.
  A41 CE41 - Dispensar primeiros auxilios aos sobreviventes.
  A42 CE42 - Controlar as operacións de loita contra incendios a bordo.
  A43 CE43 - Organizar e capacitar a cuadrillas de loita contra incendios.
  A44 CE44 - Inspeccionar e manter os sistemas e o equipo de detección e extinción de incendios.
  A45 CE45 - Investigar e recompilar informes sobre sucesos nos que se produzan incendios.
  A46 CE46 - Dispensar primeiros auxilios en caso de accidente ou enfermidade a bordo.
  A47 CE47 - Dispensar coidados médicos a persoas enfermas ou feridas mentres permanezan a bordo.
  A48 CE48 - Participar en plans de coordinación da asistencia médica aos buques.
  A49 CE49 - Contribuír ao incremento da protección marítima mediante unha maior toma de conciencia.
  A50 CE50 - Recoñecemento das ameazas para a protección.
  A51 CE51 - Comprensión da necesidade de manter a toma de conciencia e a vixilancia na esfera de protección, e dos métodos para logralo.
  A52 CE52 - Manter as condicións establecidas nun plan de protección do buque.
  A53 CE53 - Recoñecemento dos riscos e as ameazas para a protección.
  A54 CE54 - Realizar inspeccións periódicas da protección do buque.
  A55 CE55 - Utilización adecuada do equipo e os sistemas de protección, se os hai.
  A56 CE56 - Contribuír á seguridade das operacións de carga en petroleiros e quimiqueros.
  A57 CE57 - Tomar precaucións para previr os riscos nas operacións dos buques tanque.
  A58 CE58 - Tomar precaucións e medidas de seguridade e saúde no traballo a bordo de buques tanque.
  A59 CE59 - Levar a cabo operacións de loita contra incendios en buques tanque
  A60 CE60 - Responder a emerxencias a bordo de buques tanque.
  A61 CE61 - Tomar precaucións para previr a contaminación del medio ambiente debida a la descarga de hidrocarburos o produtos químicos
  A62 CE62 - Contribuír al funcionamento seguro de los buques tanque para el transporte de gas licuado.
  A63 CE63 - Tomar precaucións para previr os riscos nas operacións dos buques tanque para o transporte de gas licuado.
  A64 CE64 - Tomar precaucións e medidas de seguridade e saúde no traballo a bordo de buques tanque para o transporte de gas licuado.
  A65 CE65 - Levar a cabo operacións de loita contra incendios en buques tanque para o transporte de gas licuado.
  A66 CE66 - Responder a emerxencias a bordo de buques tanque para o transporte de gas licuado.
  A67 CE67 - Tomar precaucións para previr a contaminación do medio ambiente debida ao desprendemento de gases licuados.
  A68 CE68 - Organizar os procedementos de emerxencia de a bordo.
  A69 CE69 - Optimizar a utilización dos recursos.
  A70 CE70 - Dirixir a intervención en caso de emerxencia.
  A71 CE71 - Dirixir aos pasaxeiros e aos demais membros do persoal en situacións de emerxencia.
  A72 CE72 - Establecer e manter comunicacións eficaces.
  A73 CE73 - Modelizar situacións e resolver problemas con técnicas ou ferramentas físico-matemáticas.
  A74 CE74 - Avaliar de forma cualitativa e cuantitativa os datos e resultados, así como a representación e interpretación matemáticas de resultados obtidos experimentalmente.
  A75 CE75 - Interpretar e representar correctamente o espazo tridimensional, coñecendo os obxectivos e o emprego dos sistemas de representación gráfica.
  A76 CE76 - Ensamblar e realizar tarefas básicas de mantemento e reparación de equipos informáticos. Instalar, manexar e restaurar un sistema operativo, xestionando unha xerarquía de usuarios e realizando auditorías do mesmo. Instalar e configurar unha rede de equipos informáticos, establecendo distintos mecanismos de seguridade.
  A77 CE77 - Coñecer a organización e planificación de empresas.
  A78 CE78 - Adquirir coñecementos de termodinámica aplicada e da transmisión da calor.
  A79 CE79 - Adquirir coñecementos de mecánica de fluídos e a súa aplicación á resolución de problemas no campo da enxeñería.
  A80 CE80 - Coñecer as características e limitacións dos materiais utilizados para a reparación de buques e equipos.
  A81 CE81 - Coñecer o funcionamento e operación dos equipos e sistemas auxiliares instalados en buques e instalacións marítimas.
  A82 CE82 - Ter a capacidade para a operación, mantemento e deseño de sistemas hidráulicos e pneumáticos.
  A83 CE83 - Operar alternadores, xeradores e sistemas de control.
  A84 CE84 - Levar a cabo automatizacións de procesos e instalacións marítimas.
  A85 CE85 - Manexar correctamente a información proveniente da instrumentación e sintonizar controladores, no ámbito da súa especialidade.
  A86 CE86 - Operar, reparar, manter e optimizar as instalacións auxiliares dos buques que transportan cargas especiais, tales como quimiqueros, LPG, LNG, petroleiros, cementeros, Ro- Ro, Pasaxe, botes rápidos, etc.
  A87 CE87 - Realizar operacións de explotación óptima das instalacións do buque e marítimas e industriais.
  A88 CE88 - Manter e reformar instalacións e equipos de cuberta, instalacións contra incendios, dispositivos e medios de salvamento e todos aqueles elementos relacionados coa seguridade da navegación, dentro do ámbito da súa especialidade, é dicir, operación e explotación.
  A89 CE89 - Poñer en marcha e operar novas instalacións en buques, instalacións marítimas e industriais.
  A90 CE90 - Operar, reparar, manter e optimizar a nivel operacional as instalacións industriais relacionadas coa enxeñería mariña, como motores alternativos de combustión interna e subsistemas; turbinas de vapor e de gas, caldeiras e subsistemas asociados; ciclos combinados; equipos eléctricos, electrónicos, e de regulación e control; as instalacións auxiliares, tales como instalacións frigoríficas, instalacións de aire acondicionado, plantas potabilizadoras, grupos electrógenos, etc.
  A91 CE91 - Redactar e interpretar documentación técnica.
  A92 CE92 - Aplicar os protocolos de seguridade ante calquera tipo de incidencia.
  A93 CE93 - Interpretar especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
  A94 CE94 - Realizar inspeccións, medicións, valoracións, taxacións, peritacións, estudos, informes, planos de labores e certificacións nas instalacións do ámbito da súa especialidade.
  A95 CE95 - Coñecer o balance enerxético xeneral, incluíndo o balance termo-eléctrico, así como a xestión eficiente da enerxía respectando o medio ambiente.
  A96 CE96 - Realización de auditorías enerxéticas de instalacións marítimas.
  A97 CE97 - Óptima explotación de industrias relacionadas coa náutica e o transporte marítimo, tanto en competencias referidas á calidade, medio ambiente, seguridade mariña e prevención de riscos laborais.
  A98 CE98 - Ter a capacidade para a xestión, dirección, control, organización e planificación de industrias ou explotacións relacionadas coas actividades da enxeñería mariña tanto en competencias referidas á calidade, medio ambiente, seguridade mariña e prevención de riscos laborais como todas as actividades relacionadas coa posta no mercado da súa produción.
  A99 CE99 - Ter a capacidade para exercer como Oficial de Máquinas da Mariña Mercante, unha vez superados os requisitos esixidos pola Administración Marítima.
  A100 CE100 - Ter a capacidade para exercer como oficial ETO da Mariña Mercante, unha vez superados os requisitos esixidos pola Administración Marítima.
Tipo B Código Competencias / Resultados do título - Básicas / Xerais
  B1 CB1 - Demostrar que posúen e comprenden coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e que inclúe coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
  B2 CB2 - Aplicar os coñecementos no seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posuír competencias demostrables por medio da elaboración e defensa de argumentos e resolución de problemas dentro da área dos seus estudos
  B3 CB3 - Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuicios que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
  B4 CB4 - Poder transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
  B5 CB5 - Ter desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía.
  B6 CG01 - Capacidade para xestionar os propios coñecementos e utilizar de forma eficiente técnicas de traballo intelectual.
  B7 CG02 - Resolver problemas de forma efectiva.
  B8 CG03 - Comunicarse de maneira efectiva nunha contorna de traballo.
  B9 CG04 - Traballar de forma autónoma con iniciativa.
  B10 CG05 - Traballar de forma colaborativa.
  B11 CG06 - Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
  B12 CG07 - Capacidade para interpretar, seleccionar e valorar conceptos adquiridos noutras disciplinas do ámbito mariño, mediante fundamentos físico-matemáticos.
  B13 CG08 - Capacidade para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, que lle doten dunha gran versatilidade para adaptarse a novas situacións.
  B14 CG09 - Comunicar por escrito e oralmente os coñecementos procedentes da linguaxe científica.
  B15 CG10 - Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos habilidades e destrezas.
  B16 CG11 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  B17 CG12 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  B18 CG13 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Tipo C Código Competencias / Resultados do título - Transversais / Nucleares
  C1 CT01 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  C2 CT02 - Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  C3 CT03 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  C4 CT04 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero.
  C5 CT05 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  C6 CT06 - Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.
  C7 CT07 - Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
  C8 CT08 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
  C9 CT09 - Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes